Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC colabora coa cuarta edición do IWFOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC colabora coa cuarta edición do IWFOS

Redacción
Publicado: 26/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iwfos2017.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) será unha das entidades colaboradoras da cuarta edición do obradoiro IWFOS, que se celebra do 15 ao 17 de xuño na sede da Fundación Pedro Barrié de La Maza en A Coruña. O IWFOS, como recordaremos, é o Taller Internacional sobre Estatísticas Funcionais e Operativas (International Workshop on Functional and Operational Statistics). Trátase dun xuntanza de traballo que comezou en 2008, da man do grupo de traballo STAPH de Toulouse (Francia), co obxectivo de “pór de relevo as principais tendencias en diversas áreas das estatísticas funcionais a través do intercambio de ideas e a promoción da colaboración entre investigadores de diferentes países”. A cita contará coa presenza activa da investigadora Paula Raña, da Universidade da Coruña.
Tamén intervirán John Aston (Universidade de Cambridge), Alexander Aue (Universidade de California), Antonio Cuevas (Universidade Autónoma de Madrid), Aurore Delaigle (Universidade de Melbourne), Jeff Goldsmith (Universidade de Columbia), Stephan Huckemann (Universidade de Göttingen), Alicia Nieto-Reyes (Universidade de Cantabria), Víctor Panaretos (Escola Politécnica Federal de Lausanne) e Laura Sangalli (Politécnico de Milán). Igualmente, participarán como co-relatores Germán Aneiros (Universidade da Coruña), Enea Bongiomo (Universidade do Piamonte Oriental), Ricardo Cao (UDC) e Phillipe Vieu (Universidade de Toulouse).
Segundo informa o CITIC, nas edicións anteriores do obradoiro (en Toulouse en 2008, en Santander en 2011 e en Stresa, Italia, en 2014) coinciden coa temática a tratar nesta nova convocatoria, ou sexa a análise de datos funcionais e estatísticas operacionais. Serán cinco sesións repartidas en pouco máis de dous días.
IWFOS 2017 conta con convidados de diferentes partes do mundo (desde Australia ata España, pasando por Reino Unido, EE UU, Alemaña, Suíza e Italia) e co apoio da Universidade da Coruña e o seu Grupo Modes, a Universidade Franco-Italiana, o CITIC, o Instituto de Matemáticas de Toulouse, a Fundación Barrié, Springer e as sociedades SGAPEIO, SEIO e ISNPS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?