Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mundos Digitales medrará en actividades na súa nova edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Mundos Digitales medrará en actividades na súa nova edición

Redacción
Publicado: 31/05/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

md17_palexco.jpgOs días 6, 7 e 8 de xullo celebrarase na Coruña a 16ª edición de Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, VFX, realidade virtual, videoxogos e arquitectura dixital considerado todo un referente do sector a nivel europeo, que unha vez máis terá lugar en PALEXCO, aínda que desta volta contando cun maior espazo o que permitirá incrementar o número de actividades.
«Por primeira vez, este ano imos ter actividades simultáneas», comenta o director do congreso, Manuel Meijide, quen engade que «Mundos Digitales creceu tanto en asistencia, colaboradores, relatorios, obradoiros e xuntanzas, que os participantes no congreso van ter que elixir onde estar en cada momento para non perderse os eventos que sexan do seu interese».
md17_xullo.jpgAdemais das seccións habituais este ano estrean a sección Out of the Box. Industry & Design, que presentará aplicacións industriais da creación dixital. «Nesta nova sección queremos presentar experiencias que abren o horizonte da creación dixital máis aló das súas actuais aplicacións no sector audiovisual ou a arquitectura dixital para penetrarnos nas súas posibilidades como ferramenta para outras industrias e servizos», sinala Meijide.
Outra nova sección é School Leads, que nace co obxectivo de poñer de manifesto o gran nivel do ensino e a excelencia dos centros formativos, universidades, escolas e academias españolas do sector da animación, os efectos visuais e os contidos dixitais en xeral.
«Estas novas iniciativas, xunto ao reforzo das seccións habituais de Conferencias, Talleres, unha zona específica de Realidade Virtual, o festival de curtas e, sobre todo a puxanza cada vez maior da Feira de Emprego fan que esta edición de 2017 sexa a máis ambiciosa ata a data», sinala Meijide.

Contidos
  • Conferencias
  • Feira de emprego
  • Festival Internacional de curtas de animación

Conferencias

mundos_dixitais_img_0445.jpgComo cada ano, Mundos Digitales 2017 ofrecerá de novo os relatorios dos mellores profesionais da industria dixital. Na edición deste ano xa está confirmado Ignacio Lacosta, CEO de Entropy Studio, empresa responsable dos efectos visuais de producións como Eva, Velvet ou a nova serie de Netflix Las Chicas del Cable.
Lacosta compartirá tamén un panel con outros dous creadores españois de primeira fila: Félix Bergés, CEO de El Ranchito, gañador de numerosos Premios Goya e responsable dos efectos visuais de superproducciones como Lo Imposible ou Un monstruo viene a verme; e Xavi Tribó, cofundador de Glassworks e referente internacional no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes e transformación dixital.
mundos_dixitais_img_0438.jpgEn canto a presenza internacional e como conferencia plenaria, Walt Disney Animation, da man do seu director tecnolóxico Rajesh Sharma, abrirá un potente programa de relatorios que combinará as grandes superproducións de Hollywood e as producións nacionais de referencia durante os tres días que farán de Coruña na capital europea da creación dixital.
Os responsables dos efectos visuais de producións como Gardianes de la Galaxia 2, Rogue One: Una historia de Star Wars ou Juego de Tronos, contarán de primeira man as últimas tecnoloxías utilizadas nestas producións.
Mundos Digitales 2017 presentará tamén a versión renovada da Familia Telerín, agora en 3 dimensións. Co seu creador (que o é tamén de Pocoyó), gozaremos de novo coa entrañable familia que durante tantos anos mandaba aos nenos en España á cama ás 9.

Feira de emprego

md16_emprego.jpgEn Mundos Digitales créase o ambiente perfecto para pór en contacto a estudantes e profesionais do sector da animación e os efectos especiais con empresas que buscan talento. Por iso, esta nova edición da Feira reunirá a máis de 20 compañías dispostas a identificar talento e incorporalo ás súas producións.

Festival Internacional de curtas de animación

Un comité de selección está a revisar todas as curtametraxes recibidas. Os finalistas das distintas categorías daranse a coñecer a partir do 1 de xuño de 2017 e incluiranse no programa oficial de Mundos Diditales. Un xurado composto por profesionais do audiovisual decidirá os gañadores, que se darán a coñecer na cerimonia de entrega de premios o 8 de xullo de 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?