A AMTEGA e o CPEIG argallan unha wiki sobre a informática galega e unha xornada sobre as vantaxes laborais das TIC
xoves, 30 de marzo do 2017
Sobre as vantaxes achegadas pola
transformación dixital falarase na xornada
organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(AMTEGA) e o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de
Galicia (CPEIG). A colaboración xurdida entre as dúas
entidades, que vén de antigo, atinxirá agora varias vertentes: a
creación dunha wiki sobre a Historia da Informática en Galicia; a
celebración dun ciclo de xornadas sobre os perfÃs dixitais saÃdos
das novas tendencias tecnolóxicas e a achega de formación
especializada en TIC para empregados públicos, estudantes e
familias. Asà o sinalaban Mar Pereira (directora da AMTEGA) e
Fernando Suárez (presidente do CPEIG) no acordo asinado por ambos.
Máis polo miúdo, celebrarase
unha Xornada sobre Transformación Dixital e Talento, que dará as
claves do sector tecnolóxico, expoñendo as habilidades (softskills
e hardskills) para achegar valor en todos os ámbitos da
transformación dixital. Este encontro está
pensado para profesionais e mocidade
que busque
formarse neste sector;
tamén, para centros formativos que queiran
dar a coñecer a súa oferta educativa no eido
da economÃa dixital; e para empresas que achegarán a súa
experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC.
Asemade, o acordo asinado dará
paso á creación dunha wiki sobre a Historia da Informática de
Galicia que recolla o testemuño dos
protagonistas na Comunidade, fotografÃas, vÃdeos e gravacións coa
finalidade de ter un espazo na rede para
amosar os contidos existentes e
dar continuidade á recompilación de información
de cara á súa conservación.
Haberá
tamén lugar para a celebración de varias
actividades no marco do programa Rapaciñ@s,
unha xornada sobre os menores e as novas tecnoloxÃas, cunha
sesión informativa para pais e nais e
actividades lúdicas para os máis pequenos. A
esta actividade
engadiranse
20 charlas divulgativas nas principais cidades de Galicia encamiñadas
ás dúbidas e preocupacións de pais e nais sobre a relación dos
seus fillos coa Rede (beneficios
e riscos da tecnoloxÃa, recomendacións sobre o uso seguro dos
diferentes dispositivos TIC, técnicas de control parental ou a que
organismos poden acudir en caso de dúbida...).
E se falamos de economÃa
dixital, o CPEIG e a AMTEGA levarán adiante cinco xornadas
formativas en distintas localidades galegas, dirixidas a estudantes
de Bacharelato e ás súas familias, sobre as saÃdas profesionais da
EnxeñarÃa en Informática.
Por
último, dicir que o
CPEIG impartirá seis cursos prácticos
en liña e
presenciais para facilitar a adaptación
dos empregados públicos ao novo contexto dixital.
