A Aula CeMIT de Boiro comeza marzo formando á veciñanza en ofimática con LibreOffice
luns, 27 de febreiro do 2023
A
Aula CeMIT do
Concello de Boiro vai comezar marzo con novas actividades de
formación tecnolóxica, destinadas (neste caso) a capacitar á
veciñanza en ámbitos como a ofimática ou o uso de ferramentas
dixitais de xestión empresarial. De feito, a axenda para marzo e
abril porá o foco nas posibilidades de LibreOffice, a suite libre de
ofimática. En todos os módulos de formación ofertados haberá
posibilidade de examinarse para obter un certificado oficial ao
remate de cada curso.
Vaise
impartir formación en Competencias dixitais en procesador de
textos Writer, do 7 ao 15 de marzo en horario de
10.30 a 12.00 horas, e tamén Competencias dixitais en folla da
cálculo Calc entre o 20 e o 29 de marzo de 10.30 a 12.00 horas.
Ademais,
convocáronse obradoiros en Competencias dixitais en base de datos
con Base, do 10 ao 20 de abril entre as 10.30 e as 12.00 horas, e
en Competencias dixitais en elaboración de presentacións
con Impress, do 24 ao 26 de abril de 10.30 a 12.00 horas.
Para
más información e para formalizar as inscricións nos cursos na
Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, cómpre enviar un enderezo
electrónico a axentetic@boiro.org ou contactar coa aula a través
dos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
