A Aula CeMIT de Ribeira ofrecerá unha charla sobre ciberseguridade
venres, 10 de marzo do 2023
A Aula CeMIT de Ribeira, emprazada na contorna de Cubeliños, vai albergar o vindeiro luns 3 de abril unha charla dedicada á ciberseguridade, ou sexa, ás metodoloxÃas e recursos que podemos aplicar no noso dÃa para garantir a protección da nosa información (e da allea) e das nosas comunicacións.
A sesión, titulada O teu dÃa a dÃa en liña, con seguridade, desenvolverase en horario de 11.30 a 13 horas e é de carácter gratuÃto. Alà ofrecerase unha visión sobre a actualidade da dixitalización, os riscos ao ter en conta na navegación pola web e medidas recomendadas para facelo de forma segura.
As inscricións pódense formalizar na web da Aula CeMIT.
