A CMT multa con 10 millóns de euros a Telefónica
xoves, 13 de novembro do 2008
A Comisión do
Mercado das Telecomunicacións impuxo a Telefónica unha sanción
económica de 10 millóns de euros por infracción moi grave ao
incumprir coa súa obriga de ofrecer aos operadores alternativos os bucles de
telecomunicacións nos mesmos prazos que a si mesma.
A operadora xa fora sancionada por un importe de 20 millóns de euros en outubro
por unha infracción semellante.