A CNMC impón unha multa de máis de 194 millóns de euros a Apple e Amazon
martes, 18 de xullo do 2023
A Comisión
Nacional dos Mercados e a Competencia vén de
establecer en 194.150.000 euros a sanción imposta en total a Amazon e Apple por
pactar e executar determinadas restricións da competencia no mercado en
liña de Amazon, que afectan a terceiros revendedores de produtos Apple e a
produtos competidores de Apple.
A CNMC lembra que o 31 de outubro de 2018 Amazon e Apple asinaron contratos nos
que se actualizaban as condicións de Amazon como distribuidor autorizado de
Apple, incluÃndo cláusulas restritivas da venda minorista pola Internet, como
acordar que unicamente unha serie de distribuidores designados pola propia
Apple podÃan vender os produtos da súa marca a través da web de Amazon en
España.
Determinouse que máis do 90% dos revendedores que viñan a utilizar Amazon.es
para a venda minorista quedaron excluÃdos do principal mercado en liña de España;
os vendedores non autorizados por Apple perderon unha importantes canle de
vendas; as vendas de produtos de Apple concentrouse en Amazon (reducindo a
competencia entre revendedores); reducÃronse as vendas de produtos Apple a
través de Amazon.es por parte de vendedores noutros paÃses da Unión Europea; e
apreciouse un incremento dos prezos relativos pagados polos consumidores pola
compra de produtos Apple en Amazon.es.
O acordo entre Amazon e Apple tamén limitaba a posibilidade de que as marcas
competidoras de Apple puidesen adquirir espazos publicitarios en Amazon.es para
anunciar os seus produtos cando se realicen buscas de produtos de Apple, asÃ
como durante o proceso de compra dos devanditos produtos. Tamén se limitou a
publicidade que puidese inducir a consumidores de produtos de Apple a facerse
cun produtos da competencia.
A CNMC considera que as cláusulas restrinxen a competencia intramarca e
intermarca, constitúen unha infracción única e continuada da Lei de Defensa da
Competencia e do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, polo que multan a
Apple con 143.640.000 euros e a Amazon con 50.510.000 euros.