A Cámara de Santiago mostra nunha xornada como facer avanzar a nosa empresa en materia de ciberseguridade
venres, 10 de decembro do 2021
A
Cámara de Santiago vai organizar o vindeiro 12 de decembro, en
horario de mañá (de 11.00 a 12.00 horas) un seminario centrado na
importancia de protexer a nosa actividade empresarial e profesional
no ámbito dixital. Trátase
da xornada de sensibilización É a ciberseguridade só para
grandes empresas?
Contarase
co apoio do CSIRT.gal (Centro de Resposta a Incidentes de
Ciberseguridade da axencia autonómica AMTEGA) e coa colaboración do
Departamento de Competitividade de Cámara España para o programa
Ciberseguridade.
Justo
López Romero, experto en goberno, riscos e protección en liña,
será o encargado de impartir os contidos. Tocaranse temas de
actualidade en materia de salvagarda da información e as
comunicacións e como mellorar e optimizar a ciberseguridade no seo
da nosa empresa. Ao finalizar a súa exposición abrirase unha quenda
de preguntas entre os participantes.
