A Comisión Europea considera que Apple Pay atenta contra a competencia
luns, 2 de maio do 2022
- Arianna Podesta e Margrethe Vestager na comparecencia desta mañá
A Comisión Europea vén de comunicar a Apple que considera
que a compañÃa de Cupertino abusou da súa posición dominante no mercado dos
sistemas de pagamento móbil en dispositivos con iOS ao limitar o acceso á
tecnoloxÃa de pagamento sen contacto (NFC) ao impedir que outras compañÃas
poidan contar cos seus propios sistemas de pagamento contactless nos
iPhone, iPad e Apple watch e forcen aos usuarios a empregar Apple Pay.
Margrethe Vestager, responsable europea no ámbito da competencia, asegurou que
«os pagamentos móbiles xogan un rol de grande crecemento na nosa economÃa
dixital. Temos indicios de que Apple limita o acceso a terceiros á tecnoloxÃa
clave para desenvolver solucións de pagamento móbil competidoras en dispositivos
de Apple», de aà que consideran que Apple está a limitar a competencia e tal
conduta «poderÃa ser ilegal baixo as nosas normas de competencia».
O comunicado de hoxe refÃrese unicamente aos pagamentos mediante NFC, pois a Comisión
Europea tamén está a investigar outras prácticas anti-competitivas de Apple con
respecto ao acceso a Apple Pay por parte de compañÃas distintas de Apple.