A Comisión Europea quere coñecer como funciona o algoritmo de recomendacións de X
venres, 17 de xaneiro do 2025
A Comisión Europea abordou hoxe tres medidas técnicas adicionais de investigación a X/Twitter relativas ao sistema de recomendacións da plataforma. Estas medidas de investigación teñen lugar no ámbito dos procedementos formais abertos o 18 de decembro de 2023 en virtude da Lei de Servizos Dixitais (DSA).
A vicepresidenta executiva de SoberanÃa Tecnolóxica, Seguridade e Democracia, Henna Virkkunen, dixo: "Hoxe estamos a dar máis pasos para arroxar luz sobre o cumprimento dos sistemas de recomendación de X en virtude das obrigas recollidas na DSA. Comprometémonos a garantir que todas as plataformas que operan na UE respecten a nosa lexislación, que ten como obxectivo facer que o entorno en liña sexa xusto, seguro e democrático para todos os cidadáns europeos".
En primeiro lugar, a Comisión solicita á empresa que achegue documentación interna sobre os seus sistemas de recomendación e os cambios recentes que se lle realicen, antes do 15 de febreiro de 2025.
Ademais, unha orde de retención obriga á plataforma a preservar os documentos internos e a información relativa a futuros cambios no deseño e funcionamento dos seus algoritmos de recomendación, para o perÃodo comprendido entre o 17 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025, salvo que con anterioridade se conclúa a investigación en curso da Comisión.
Finalmente, a Comisión emitiu unha solicitude de acceso a determinadas API comerciais de X, interfaces técnicas ao seu contido que permiten a busca directa de feitos sobre moderación de contidos e viralidade das contas.
Estas medidas permitirán aos servizos da Comisión ter en conta todos os feitos relevantes na complexa avaliación baixo a DSA de riscos sistémicos e a súa mitigación.