Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Competición de Robots reuniu a máis de 800 mozas e mozos na Escola de Enxeñería Industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Competición de Robots reuniu a máis de 800 mozas e mozos na Escola de Enxeñería Industrial

Redacción
Publicado: 28/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_competicion_robots-2.jpgFinalmente desenvolveuse este venres a terceira edición da Competición de Robots na Escola de Enxeñaría Industrial do Campus de Vigo no que participaron máis de 800 mozas e mozos, sobre todo procedentes de centros de secundaria e bacharelato da nosa terra, poñendo en xogo cadanseu maxín e capacidade de innovación. En total, formáronse 170 equipos divididos en dúas categorías, Wall-E, dirixida ao alumnado de estudos medios, e R2D2, orientada a titulacións superiores e a universitarios. O seu lugar de operacións: o hall da escola, onde amosaron os seus enxeños nos tapices de xogo. Centros de Vigo, Brión e Santiago acadaron os premios nas categorías Wall-E e R2D2.
Na primeira modalidade o equipo Illuminati Confirmed do IES Alexandre Bóveda de Vigo foi o vencedor dos centros de 1º e 2º da ESO; o equipo Brión 4 do IES de Brión de 3º e 4º da ESO e o equipo Rosalía 4 do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela de 1º e 2º de Bacharelato. Mentres, na categoría R2D2 o premio foi para o equipo Festo Fluidsim formado por alumnado do Ciclo de Automatización e Robótica Industrial do Colegio Montecastelo.
uvigo_competicion_robots_2.jpgNesta edición, o xurado do premio á orixinalidade entregou un galardón por cada categoría “ante a enorme imaxinación e creatividade das propostas”. Así, o equipo The Bugs do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, acadou o premio de 1º e 2º da ESO; o equipo Microondas do IES San Rosendo de Mondoñedo o de 3º e 4º da ESO; o equipo Casanovas 1 do IES Sofía Casanova de Ferrol o de 1º e 2º de Bacharelato do equipo Marmini Robot do IES San Paio de Tui o premio da categoría R2D2.
Logo de rexistrase nos lugares correspondentes e realizar varias probas para facer os últimos retoques nos robots, a media mañá deron comezo de xeito simultáneo en 13 tapices diferentes as dúas probas correspondentes á categoría Wall-E, nas que participaron 155 equipos, dos cales 82 eran de ensino secundario e 73 de bacharelato.
uvigo_competicion.jpgO rastrexo, un dos exercicios, consistía en seguir o percorrido de liñas rectas e curvas trazadas no tapiz, mentres que na proba do varredor, os robots tiñan que moverse nun trazado dun metro de diámetro e recoller dúas latas de refresco, que debían deixar fora do circuíto no menor tempo posible. Un pouco máis tarde foi a quenda para os 17 conxuntos inscritos na modalidade R2D2, compostos por tres compoñentes, e que procedían de titulacións superiores, aínda que este ano como novidade competiron tamén dez equipos de 1º de Bacharelato. Preto do mediodía, disputáronse tres probas individuais, rastrexo e varredor, similares ás da categoría de Wall-E, e a proba do labirinto, con máis obstáculos a sortear, e por último, competiron tamén nunha proba colectiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?