A Deputación da Coruña apoia unha edición máis o certame Youtubeiras
luns, 25 de setembro do 2023
Youtubeiras
é unha iniciativa nada co obxectivo de fomentar a creación en
galego no YouTube organizada
polos servizos de Normalización LingüÃstica de Ames, Carballo, O
Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e
Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da
Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade da Coruña.
AsÃ, o pasado xoves 21 de
setembro a deputada
de lingua, Soledad Agra, participaba en Pontevedra na presentación
da sétima edición de
Youtubeiras, acto
de comunicación do que falamos os dÃas pasados dende Código Cero,
salientando que se trata dun proxecto que, servÃndose de diferentes temáticas e formatos, pon en marcha un programa que inclúe visitas de difusión e formación a
centros de ensino para achegarlle á rapazada o traballo de
youtubeiros e youtubeiras de gran repercusión na nosa lingua.
A deputada de lingua estivo acompañada por Demetrio Gómez
Xunqueira, concelleiro de Normalización LingüÃstica de Pontevedra,
Blas GarcÃa, alcalde de Ames, Victoria Quiroga, concelleira de
Lingua do Concello de Rois e Susana Reboreda, vicerreitora de
Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.
Nesta edición, que chega baixo o lema Rede
aberta, Rede diversa!, repÃtense as mesmas
categorÃas e contÃas que en 2022 e durante a rolda de prensa tamén
se difundiron os nomes que conforman o xurado deste 2023: Nee Barros
(@neeumatiko), divulgadore cultural, escritore e youtubeire, quen se
fixo co galardón a Youtubeira/o na pasada edición; Fátima Souto
Muñiz, bolseira do Servizo de Normalización do Concello de Ames;
Irene Pin, creadora audiovisual; Rodri MÃguez, xornalista musical e
membro de equipos de comunicación de festivais e artistas, e Belén
Puime, creadora de contido audiovisual a través do perfil
@pringadas.serie tanto en TikTok como en Instagram.
As categorÃas este ano volven ser: Canle, Youtubeira, Youtubeira
Revelación, VÃdeo, Calidade LingüÃstica, Pioneiro, Rede e o
Premio do Público. Todos os apartados están dotados con 1000 euros,
agás o último ao que se destinan 500 euros. Os vÃdeos que se
presenten deberán estar subidos con data posterior ao 15 de novembro
do 2022 e o prazo para presentarse iniciábase o 21 de setembro e
manterase aberto até o vindeiro 17 de novembro ás 23.59 horas. As
persoas participantes deberán inscribirse a través da web
de
Youtubeiras.
Youtubeiras levará obradoiros aos centros de ensino dos concellos
implicados. A creadora de contidos MarÃa Rúa, coñecida pola canle
PradoRúa, será unha das voces encargadas de achegarlle ao alumnado
a realidade do galego como ferramenta de creación e posicionamento
na Rede, a súa experiencia como creadora audiovisual e as claves
precisas tanto para coñecer este mundo virtual como para sumarse a
el.
Nesa mesma liña de difusión, realizaranse colaboracións con
creadoras de contidos que se sumarán este ano ás campañas de
difusión para lles dar a coñecer aos seus seguidores a comunidade
de creadoras de contidos na nosa lingua. Esta iniciativa de promoción
desenvolverase