A Deputación de Pontevedra activa sede electrónica, co-desenvolvida por Imatia
mércores, 28 de marzo do 2018
A
empresa Imatia e a Deputación de Pontevedra veñen de desenvolver a
Sede Electrónica da entidade provincial, un servizo en liña que
permite á cidadanía realizar de maneira telemática unha manchea de
trámites (a través do sistema de identificación Cl@ve e tirando
proveito dunha contorna de uso que garante as máximas seguridade e
privacidade) e pon ao seu dispor completa información sobre servizos
da Deputación e os procedementos da entidade provincial (recursos
humanos, subvencións, rexistro). A
sede foi desenvolvida por Imatia en colaboración co equipo de
Goberno da Deputación e os seus empregados públicos, que en
datas vindeiras irán completando os servizos dispoñibles na mesma.
Segundo
salienta Imatia, entre as moitas vantaxes da plataforma inclúense as
seguintes: a posibilidade de consultar o estado dos nosos expedientes
abertos e do histórico dos mesmos, recibir notificacións
electrónicas sobre temas concretos ou consultar e descargar
documentos oficiais asinados dixitalmente, a partir do seu Código
Seguro de Verificación (CSV). A empresa tamén destaca que estas
vantaxes non só afectan as persoas, senón que as empresas tamén se
verán beneficiadas, tanto á hora de acceder ás licitacións, como
ao presentar as súas facturas á Deputación, grazas ao sistema de
facturación electrónica.
A
compañía TIC, amais do devandito, pon de relevo as importantes
vantaxes para os cidadáns (“que a partir de agora experimentarán
un importante aforro de tempo ao facer os seus trámites coa súa
Deputación, evitando desprazamentos, esperas e restricións
horarias”) e para a propia Administración e empregados públicos,
“que verán reducidas as súas tarefas de atención presencial”.