A EGAP acolle un curso sobre protección de datos dirixido a empregados públicos
mércores, 20 de setembro do 2023
Un total de 70
persoas empregadas públicas participan
dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no Curso superior
en Protección de Datos, organizado pola AMTEGA e o Nodo CIBER.gal. O curso
conta coa colaboración da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e foi
inaugurado esta mañá pola directora da EGAP, Sonia RodrÃguez-Campos; o director
da AMTEGA, Julián Cerviño; e o director da acción formativa, Gustavo Herva. Os
organizadores destacaron o alto interese amosado polo persoal empregado
público, que fixo necesario habilitar unha listaxe de persoas en reserva.
O curso
proporcionará e actualizará coñecementos dende un punto de vista técnico
xurÃdico, asà como dende unha perspectiva práctica. Entre os obxectivos
atópanse o de concienciar ao alumnado sobre a importancia do dereito
fundamental á protección de datos persoais, para o que é necesaria a aplicación
de boas práctica de acordo coa normativa vixente.
Tamén abordará os
principios básicos de seguridade e as medidas que é necesario implantar nos
sistemas de información dende a perspectiva do risco. Asà mesmo, proporcionará
aos asistentes unha visión global da protección de datos persoais, asà como
sobre as funcións e responsabilidades das persoas que interveñen no seu
procesamento.
Entre as materias
que se impartirán, destacan a responsabilidade da Administración pública no
tratamento dos datos; a normativa e o réxime sancionador; a protección de datos
en saúde; a intelixencia artificial ou a videovixilancia.
Julián Cerviño
destacou na súa intervención os obxectivos da Xunta de avanzar nunha
Administración dixital máis eficiente, personalizada e accesible, o que implica
o uso de tecnoloxÃas que empregan datos persoais, como a xestión intelixente do
datos, a intelixencia artificial ou a automatización robótica de procesos.
Referiuse ás actuacións concretas previstas no III Plan de Administración e
Goberno Dixital que está en marcha, como a Plataforma de Automatización
Intelixente da Xunta de Galicia; o aumento da interoperabilidade a través da
plataforma Pasaxe!; o novo modelo de identidade dixital ou a aplicación A Xunta
no Móbil (XuntaEU).
Pola súa banda, a
directora da EGAP resaltou que, ante o desenvolvemento da Administración
dixital, é preciso dotar ao persoal empregado público das ferramentas
necesarias para salvagardar os datos persoais que se almacenan e se transmiten
en liña, algo esencial para defender os dereitos da cidadanÃa e preservar a
confianza nas institucións. Para conseguir estes obxectivos, incidiu, a Escola
oferta unha programación anual en materia de seguridade da información completa
e actualizada.