A Fundación ONCE certifica a accesibilidades os móbiles Galaxy S23

xoves, 16 de marzo do 2023 Marcus Fernández

A familia de móbiles Samsung Galaxy S23 vén de conseguir o novo selo de tecnoloxía accesible que outorga a Fundación ONCE, que acredita a accesibilidade dos dispositivos móbiles para persoas con discapacidade. Anteriormente xa se fixeran con este selo os dispositivos Galaxy Tab S8 e A8, S21, S22, A33 e A53, entre outros.
Alfonso Fernández (Samsung) asegurou que «estamos moi orgullosos de conseguir esta certificación, que sumada ás que obtivemos os últimos anos, converten a Samsung nunha referencia neste ámbito».
O selo de accesibilidade da Fundación ONCE certifica que os distintos modelos do Samsung Galaxy S23 son accesibles para persoas con visión parcial, visión nula, audición parcial, audición nula, dificultade moderada para a manipulación, dificultade severa para a manipulación, dificultade de comprensión, dificultade para ver cores e dificultade de fala.

PUBLICIDADE