A IA, as redes e a saúde mental focalizan un certame literario impulsado pola Asociación A Creba
xoves, 25 de setembro do 2025
O 10 de outubro celébrase novamente o DÃa Mundial da Saúde Mental e a Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva do Barbanza, prepara a súa programación para continuar dando visibilidade ás diversas problemáticas que acompañan a saúde mental.
En primeiro lugar, A Creba volve lanzar este ano o seu certame literario Ecos da mente, II Concurso de Relatos Breves. que nesta edición enfoca a temática en como afecta a dixitalización da nosa vida (redes sociais, IA, xogos en liña,etc.) na saúde mental.
O certame divÃdese de novo en catro categorÃas de participación: diversa, adulta, adolescente e xuvenil e, coa colaboración da ConcellerÃa de Comercio do Concello de Ribeira, contan cun premio de 120 euros para cada unha para investir no comercio de Ribeira. O prazo de presentación dos relatos será ata o 20 de outubro e as bases están publicadas na web municipal de Ribeira.
Seguindo a liña desta temática levaranse a cabo unha serie de charlas nos institutos do dito concello onde se reflexionará co alumnado sobre as consecuencias no benestar emocional das redes sociais, a Intelixencia Artificial, as horas que dedicamos a Internet, etc., incluÃndo tamén a lectura do manifesto pola saúde mental nos centros o mesmo 10 de outubro.
Para rematar, Abraham BenÃtez, ribeirense coñecido pola súa labor como voluntario en diversas accións, organiza unha Andaina Solidaria pola Saúde Mental, onde os beneficios irán a favor de A Creba. O evento será o 11 de outubro e sairá dende a praza do Centenario (Ribeira) ás 11.00 horas. facendo un percorrido circular, adaptado para todas as persoas que queiran participar. As inscricións realÃzanse na mesma praza antes de comezar e teñen un custe de 5 euros que irán integramente para a asociación.
