A Industriosa organiza unha nova kata de Python este sábado 4 de marzo
luns, 27 de febreiro do 2023
O
vindeiro sábado 4 de marzo continuarán en A Industriosa (Vigo) as
katas de Python, nova xeira (a oitava) dun ciclo de eventos
informais e abertos a calquera persoa que se anime a participar e
compartir unha hora e media da dita linguaxe de programación
informática e café e/ou té.
Estes
encontros están baseados nos formatos dos kataiunos,
dos dojos e doutras actividades similares, segundo explican
dende a organización, que engaden que as reunións soen artellarse
en grupos en grupos de 2/3 persoas para resolver retos concretos de
programación, compartir e mellorar as habilidades en Python.
“Durante 90 minutos intentaremos resolver un desafío,
desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos
enfoques do problema”, engaden.
Tamén
explican que “non é esencial que traiamos un portátil e tampouco
e imprescindible instalar Python xa que a axenda pasa directamente
por traballar en recursos online”.
A
participación é de balde. Temos
toda a información sobre o encontro en Meetup.
A
cita está organizada por A Industriosa e coa colaboración
de Python Vigo e patrocinado por Xunta de Galicia e AMTEGA
(Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
