A Internet celebra ó seu xeito o Día dos Santos Inocentes

xoves, 28 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Outro ano máis, a Internet (e especialmente a blogosfera) se converteu no mellor sistema para seguir as bromas correspondentes ó Día dos Santos Inocentes, nos que moitos medios e webs publican distintas novas inventadas.
Así, hoxe puidemos ver como en Chuza! bromeaban sobre o feito de deixar a edición non xerárquica nomeando a María Yáñez (anterior directora de Vieiros) como directora de Chuza! (pasando a controlar os contidos da web); os responsables de Microsiervos anunciaron a súa colaboración co programa televisivo Cuarto Milenio, presentado por Íker Jiménez; o Diario de un Suevo cambiaría de nome a Diario de un Godo para anunciar o cambio de ideoloxía do seu administrador; Linus Torvalds cambiaría a mascota de Linux, de xeito que Tux pasaríalle o relevo ó Naranjito

A verdadeira identidade do polémico Borjamari
Un virus informático podería infectar os receptores de TDT

que fora mascota do Mundial de Fútbol de España en 1982; unha famosa aseguraría fronte ó polígrafo dun programa de televisión que mantivera relacións sexuais co actual presidente do Goberno; Chuck Norris enfrontaríase a Steven Seagal nunha nova película; o anónimo máis polémico da blogosfera, Borjamari, desvelaría a súa identidade nunha orixinal fotografía; a Federación de Pelota denunciaría a Nintendo por plaxiar a Wii; Darth Vader deixaría o Lado Escuro da Froza e entraría na Rede de Blogs Socialistas; a web televisiva Mundoplus.tv adaptaría a súa imaxe ó formato 4:3; os receptores de Televisión Dixital Terrestre poderían verse ameazados por un novo virus informático coñecido coma TDTworm que atacaría o vindeiro día 6 de xaneiro

O novo disco de Bill Gates

deixando inservibles os dispositivos ó consultar a guía electrónica da programación (EPG) e Bill Gates daría ó salto ó mundo da canción do disco Open the Windows que incluiría cancións coma Format me (formatéame), Control Alt Dance (o baile de Control Alt) ou Restart your Heart (reinicia o teu corazón).
Tampouco faltaron outras recompilacións de bromas publicadas na Internet este 28 de novembro en webs como Píxel y Díxel ou mesmo na edición dixital de El País.