A Oficina de Promoción Tecnolóxica da Cámara da Coruña comeza a súa actividade
mércores, 15 de marzo do 2023
A
Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña e a súa
área de influencia que promove a entidade cameral
da cidade xa se atopa en funcionamento. Na
mañá deste 15 de marzo
o presidente da Cámara, Antonio Couceiro, inaugurou o espazo situado
na sede da entidade
e onde o novo xerente, Daniel Tafalla Carreira, xa comezou a súa
actividade.
A
Oficina ten como principal obxectivo captar e atraer investimento
tecnolóxico e industrial, principalmente no contexto da Industria
4.0. Couceiro destacou que para el “é
un orgullo que este proxecto,
nacido nesta
Cámara, pero froito
da colaboración
entre institucións e
que transcende
a todo o
ecosistema empresarial, arrinque a súa
andaina con este apoio
e con esta
ambición”. A Cámara conta co respaldo da Autoridade
Portuaria e o Concello de Carballo e da Universidade da Coruña,
integrada no Patronato de la Fundación que xestionará a Oficina.
O
Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña e a súa Área
de Influencia parte dunha profunda análise da economía coruñesa,
que pon de manifesto a progresiva perda de peso do sector industrial
na zona, fronte a un sector terciario que foi gañando protagonismo.
O estudo sinala que “un sector industrial potente resulta unha peza
clave para o desenvolvemento dunha economía moderna e para a
xeración de emprego”.
Deste
xeito, o Plan propón tres grandes obxectivos: mellorar os factores
básicos de localización industrial, mellorar a competitividade da
industria local que garanta a súa supervivencia e localización na
área metropolitana, e conseguir un maior grao de proactividade na
atracción de investimentos industriais para a área.