A RAG prepara na Rede un diálogo interxeracional con Celso Emilio Ferreiro no marco do DÃa da PoesÃa
xoves, 14 de marzo do 2024
A Real Academia Galega celebrará o martes 19 de marzo o DÃa da PoesÃa. Farao cun diálogo xeracional coa tradición e a memoria da poesÃa civil a través da obra de Celso Emilio Ferreiro. A través desta proposta, dez poetas de distintas idades escollerán versos do autor de Longa noite de pedra para conversar con eles dende a creación propia. O encontro, de entrada libre, será ás 19 horas na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 – A Coruña).
Os textos escolmados para a celebración serán recollidos nunha plaquette coa que se agasallará o público e que se incorporará en versión dixital á sección de publicacións da web da RAG, academia.gal.
Anxo Angueira, RosalÃa Fernández Rial, Ana RomanÃ, Oriana Méndez, Chus Pato, Ismael Ramos, Alfonso Pexegueiro, Rafa Vilar e Marilar Aleixandre son os autores e autoras que protagonizarán o recitado da proposta titulada PoesÃa e sociedade de onte a hoxe. Dialogando con Celso Emilio Ferreiro. O académico Xesús Alonso Montero será o encargado da loanza do homenaxeado e GarcÃa Mc da parte musical.
O presidente da Real Academia Galega, VÃctor F. Freixanes; a directora da Sección de Literatura da RAG, Marilar Aleixandre; e a coordinadora do encontro, a académica de número MarÃa López-Sández, abrirán o programa, organizado co apoio económico do Concello da Coruña e que poderá seguirse en directo dende academia.gal.