A RAGC entrega os seus Premios de Investigación
mércores, 1 de marzo do 2023
A
Real Academia Galega de
Ciencias (RAGC) celebrou na
tarde deste 1 de marzo
o acto de entrega dos Premios
de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022, que
tiveron lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Na súa
32ª edición, estes galardóns promoven e recoñecen a investigación
no eido das matemáticas, fÃsica e ciencias da computación; quÃmica
e xeoloxÃa; bioloxÃa e ciencias da saúde; ciencias técnicas; e
ciencias económicas e sociais. Presentáronse un total de 66
traballos, tanto na modalidade de investigación sénior, dotado con
6.000 euros, como de mozos investigadores menores de 30 anos, dotado
con 2.000 euros.
No
evento estivo o presidente da RAGC, Juan
Lema.
Asistiron ademais o vicerreitor de Transformación Dixital e
Innovación da Universidade de Santiago, Gumersindo
Feijoo;
a vicerreitora de Estudantes, Participación e Emprego da
Universidade da Coruña, M.ª
José LombardÃa;
o xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde, Antonio
Fernández-Campa;
e o comandante director da Escola Naval Militar de MarÃn, Pedro
Cardona,
entre outros.
O
proxecto premiado na modalidade sénior foi para o equipo liderado
por Diego
Peña,
do Centro de Investigación en QuÃmica Biolóxica e Materiais
Moleculares (CiQUS) da USC, xunto a investigadores da compañÃa IBM
en Zúric e das Universidades de Oxford, King Abdullah de Arabia
Saudita e Regensburg (Alemaña). Lograron modificar moléculas
individuais de forma selectiva, rompendo ou formando ligazóns entre
os seus átomos a vontade. O avance, que foi portada da revista
Science,
permitirá crear máquinas moleculares artificiais capaces de
realizar tarefas como a distribución intelixente de fármacos.
O
proxecto premiado na categorÃa de investigadores mozos foi para un
traballo destinado á detección de desinformación relacionada coa
saúde nos medios online, liderado por Marcos
Fernández,
do Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes
(CiTIUS) da USC. O equipo desenvolveu un sistema mediante a
Intelixencia Artificial e o procesamento da linguaxe natural. O
traballo foi publicado en 2022 na revista Engineering
Applications of Artificial Intelligence.
A
Academia concedeu unha mención honorÃfica a un proxecto centrado na
aplicación dos residuos da depuración de bivalvos en Galicia para a
recuperación dos ecosistemas mariños mediante a creación de
arrecifes artificiais. É un proxecto coordinado por Luis
Carral,
da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (UDC).
Tamén
se concedeu a mención a un traballo dirixido por Sergio
Vila,
desenvolvido no Centro Interdisciplinar de Investigación en
TecnoloxÃas Ambientais (CRETUS) e na Facultade de PsicoloxÃa da
USC, que analiza por que a cidadanÃa se amosa reticente ao uso de
auga reciclada como solución á escaseza deste recurso.

