A SecretarÃa Xeral de Medios colaborará na celebración dos 25 anos da CRTVG
mércores, 24 de marzo do 2010
A SecretarÃa Xeral de
Medios e a CompañÃa de Radio Televisión de Galicia celebran o 25 aniversario da
CRTVG co obxectivo común de potenciar os avances tecnolóxicos cos que contan no
ámbito das comunicacións. AsÃ, o subdirector xeral de EnxeñarÃa e Planificación
de Telecomunicacións, Radio, Televisión e Multimedia da SecretarÃa Xeral de
Medios, Ignacio Otero, e a directora da TVG, Rosa Vilas, presentaron
hoxe no Centro Multimedia de Galicia as actividades conxuntas a desenvolver
durante todo o ano, a través da mostra itinerante Galiciadixital e das
aulas da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) da
SecretarÃa Xeral de Medios, en conmemoración do 25 aniversario da compañÃa
radiotelevisiva autonómica.
A exposición itinerante
e interactiva Galiciadixital, ademais dos seus contidos habituais, acollerá
unha mostra fotográfica e un vÃdeo conmemorativo dos 25 anos da compañÃa e
exhibirá unha serie de obxectos relacionados coa mesma como magnetófonos de
bobinas, cámaras ENG, pratos xira discos, magnetoscopios, mesas de mestura de
videos ou de son, etc. Ademais, os visitantes poderán converterse en
presentadores de informativos grazas ao plató Chroma-Key, un espazo onde se
poden situar e verse reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato.
As actividades
conmemorativas dos 25 anos da CRTVG en Galiciadixital desenvolveranse en 14
localidades galegas que visitará a mostra entre marzo e decembro deste ano:
Santiago -onde recalará esta fin de semana con motivo da celebración de
Xuventude Galicia Net-, Narón, A Rúa, Chapela (Redondela), Ferrol, A Coruña,
MuxÃa, Pontevedra, Padrón, Sarria, Ourense, Arzúa, Lugo e Vigo.
Por outra banda, algunhas das aulas da SecretarÃa Xeral de Medios da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) acollerán tamén exposicións fotográficas e vÃdeos en conmemoración do aniversario, e serán visitadas por personaxes emblemáticas e representativas dos 25 anos de vida da CRTVG como o XabarÃn, que visitará as aulas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol durante os meses de abril e maio.