A TVG presentará as súas novas apostas de ficción no Festival Internacional de Series RÃa de Vigo
mércores, 10 de xuño do 2026
A Televisión de Galicia terá unha presenza destacada no Festival Internacional de Series RÃa de Vigo, que comeza hoxe e converterá a cidade nun dos principais puntos de encontro para profesionais do audiovisual, creadores, intérpretes e afeccionados ás series. A corporación aproveitará o evento para amosar algunhas das súas principais novidades de ficción, entre elas a presentación do tráiler de Pensión incompleta e a preestrea de Millonarios, actos que terán lugar durante a gala de clausura do venres.
A xefa de Contidos da TVG, Montse Besada, participou hoxe nunha mesa redonda dedicada ás producións galegas xunto con representantes da Academia Galega do Audiovisual e do Clúster Audiovisual Galego. Ademais, forma parte dos xurados encargados de avaliar os proxectos presentados nos pitchings orientados á procura de financiamento para novas producións.
A gala de clausura servirá para a estrea do primeiro capÃtulo de Millonarios, unha das grandes apostas da TVG para o próximo outono. A comedia, protagonizada por Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, segue a historia de Telmo e LuÃsa, unha parella cuxa vida cambia por completo tras resultar gañadora do Euromillón. A serie propón unha visión humorÃstica do choque entre o luxo e o xeito de entender a vida propio de Galicia. A presentación completarase cun coloquio arredor da produción.
Durante a mesma gala tamén se dará a coñecer en exclusiva o tráiler de Pensión incompleta, coprodución da TVG, EiTB e 3Cat. Trátase da primeira serie rodada nas catro linguas oficiais do Estado: galego, castelán, éuscaro e catalán. A ficción figura entre os proxectos máis destacados da próxima temporada da canle pública galega.
A programación vinculada á TVG no festival completarase mañá coa proxección da segunda temporada de Punto Nemo, serie de ciencia ficción rodada en Galicia coa colaboración da televisión pública. Dirixida por Denis Rovira e protagonizada por Maxi Iglesias, Óscar Jaenada, Alba Flores, Margarida Corceiro e Najwa Nimri, a nova entrega resolverá os principais interrogantes que quedaron abertos ao remate da primeira temporada.
A participación da TVG no certame reforza tamén o seu apoio á industria audiovisual galega mediante a súa presenza en encontros profesionais, presentacións de proxectos e actividades divulgativas programadas ao longo do festival.
