A Terra de Melide estrea un trivial para Android
luns, 26 de agosto do 2013
- Xesús Freire amosando ao público o funcionamento do novo trivial para Android
O pasado sábado na capela de San Antón de Melide presentouse
o Trivial
da Terra de Melide, unha aplicación para smartphones e tablets co sistema
operativo Android que é totalmente de balde e recolle 200 preguntas sobre o
medio, a cultura e a sociedade, a arte, a historia e os personaxes célebres dos
concellos de Melide, Toques e Santiso. Este xogo nace do traballo do Servizo de Normalización LingüÃstica da
Terra de Melide, que leva dende 2011 elaborando os contidos desta
aplicación que persegue o seu uso didáctico, polo que instarán aos centros
educativos da comarca no interior de Galicia a empregar esta aplicación que
facilitará o coñecemento do contorno á vez que entretén aos usuarios, que
poderán xogar de xeito independente ou en competicións de ata 4 xogadores no
mesmo dispositivo.
Os veciños da Terra de Melide tamén atopan un interesante reto neste Trivial
móbil, por ver reflectida a realidade dos seus concellos na mesma, convertendo
cada partida nunha experiencia na que facer memoria, lembrando lugares, monumentos,
persoeiros...
Esta ferramenta naceu en grande medida grazas ao compromiso persoal de Xesús
Freire López, presidente do SNL da Terra de Melide, quen esforzouse en
colleitar os contidos deste xogo móbil entrevistándose con numerosos veciños e
buscando fontes informativas (xornais, libros, boletÃns do Museo da Terra de
Melide...) que servisen para sintetizar información de interese sobre a comarca
melidense. Para o desenvolvemento da aplicación contouse cunha subvención da
SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica e a parte técnica recaeu na empresa
guardesa Aplicaciones y Redes,
especializada en software libre.
- A aplicación móbil presentouse ao público na capela melidense de San Antonio
As limitacións orzamentarias provocaron que a aplicación móbil carecese de
alardes gráficos e de modos de xogo en liña, aÃnda que o seu minimalismo axuda
a centrarse no que realmente importa da mesma: os contidos. A mecánica é
sinxela, tendo que acertarse unha serie de 10 preguntas variadas para poder
pasar a unha quenda final na que teremos unha pregunta de cada categorÃa
(Historia, Arte, Cultura e Sociedade, Personaxes Célebres e Medio),
permitÃndose ata 5 erros, e rexistrándose a porcentaxe de acertos de cada xogador
para animalos a superarse e entrar asà nunha relación coas 10 mellores
puntuacións que se almacenan no dispositivo con Android que empreguemos).
Durante a presentación desta aplicación Xesús Freire manifestou a intención de
ofrecer esta ferramenta a outras comarcas galegas para que conviden aos seus
escolares e veciños a mellorar o coñecemento sobre os seus concellos a través
dunha adaptación desta aplicación que dun xeito lúdico pon en valor a historia,
a arte, a cultura e a sociedade do noso contorno máis próximo.