A USC explorará en 3 proxectos internacionais o potencial das tecnoloxÃas emerxentes para o ensino
martes, 14 de xaneiro do 2020
A Universidade
de Santiago de Compostela conseguiu
na convocatoria da Comisión Europea a adxudicación de tres proxectos sobre
investigación educativa que contarán cun orzamento total que supera o
millón e medio de euros para a súa execución a través de Tecnoeduc (grupo de investigación de TecnoloxÃa
Educativa) da Facultade de Ciencias da Educación e a VicerreitorÃa de
Internacionalización e Estudantes. Todas as
iniciativas están enmarcadas na investigación docente a través de tecnoloxÃas
emerxentes e abranguen diferentes etapas do ensino, dende a escola ata a
educación superior. Na convocatoria foron presentados un total de 199
solicitudes, das que só 31 foron aprobadas, acadando a USC a primeira posición
en financiamento da convocatoria. Dous destes proxectos serán coordinados pola institución
compostelá e no terceiro participará en calidade de
universidade socia.
EKT: consorcio de alianzas para o coñecemento
O proxecto
máis destacado, cunha dotación de case un millón de euros para a súa execución,
é Educational Knowledge Transfer (EKT), un consorcio de alianzas para o
coñecemento que coordinará a USC e no que participan tamén outras institucións
de España, Austria, Irlanda, Portugal, Bélxica e Reino Unido. EKT traballará durante
tres anos no desenvolvemento de metodoloxÃas colaborativas educativas baseadas
en contornos dixitais, involucrando a membros de tres eixos: centros educativos
(colexios e profesores), universidades (Facultades de Educación e
investigadores), e empresas e institucións tecnolóxicas (especificamente as que
ofrecen servizos de e-learning).
A Facultade
de Ciencias da Educación acollerá a reunión posta en marcha desta iniciativa á
que asistirán todas as institución socias participantes os vindeiros 21 e 22 de
xaneiro.
«Trátase dun
proxecto estratéxico para a reforma da educación e da profesión docente que se
está poñendo en marcha en España», sinala Carmen Fernández Morante,
investigadora principal e presidenta da Conferencia Nacional de Decanos de
Educación. «Por outra banda, supón un reto na dixitalización da educación, xa
que confire un carácter práctico a diferentes tecnoloxÃas, facendo que sexan
converxentes entre si converténdose en interoperables», engade.
Alfabetización dixital e mediática nas escolas
Outro dos proxectos coordinados tamén pola USC é Schools for 21st century (Escolas para o século XXI), que persegue promover a igualdade de oportunidades mediante o uso de tecnoloxÃas accesibles e asumibles nas escolas e explorar metodoloxÃas innovadoras de ensino-aprendizaxe que impliquen o desenvolvemento integrado de habilidades clave para século XXI como o pensamento crÃtico, a capacidade de toma de decisións, a comunicación e a responsabilidade social. Os principais obxectivos desta iniciativa, de dous anos de duración, son implementar estratexias de alfabetización dixital e mediática a través da aprendizaxe colaborativa das escolas participantes.
Contornas de aprendizaxe en Realidade Virtual
O terceiro proxecto, DLAB2, no
que a USC participará en calidade de socia, está coordinado pola
Professionshojskolen University College Nordjyllnad (Dinamarca). A través da
investigación de propostas de innovación con tecnoloxÃas educativas o
desenvolvemento de axentes de cambio, con especial énfase na realidade virtual
(VR) e realidade aumentada (AR).
Esta iniciativa, de tres anos de
duración, persegue desenvolver traballos de colaboración entre varios centros
educativos europeos sobre un tema concreto para que permitan abordar algún dos
retos deste século: as barreiras fÃsicas, persoais e ambientais por medio da
tecnoloxÃa como soporte para o traballo en equipos internacionais.