A USC impulsa un proxecto formativo internacional no eido do Big Data
venres, 3 de decembro do 2021
O pasado martes 30 de novembro celebrouse un curso formativo para 25
docentes asiáticos coordinado pola Escola Técnica Superior de
EnxeñerÃa (ETSE). Esta
actividade formativa levouse a cabo grazas ao proxecto Elba, liderado
e coordinado pola USC e tendo como obxectivo mellorar a
capacidade e formación de investigadores e investigadoras asiáticos
no ámbito do Big Data.
Este foi o primeiro dos tres cursos que está previsto desenvolver,
sendo os restantes dous cursos para 60 profesores na Universidade
Politécnica de Torino e para a Universidade Primorska de Eslovenia.
Elba conta cun orzamento de case un millón de euros e céntrase
principalmente en desenvolver habilidades relacionadas co ámbito do
Big Data Analytics.
Durante as dúas semanas que durou a formación, o profesorado da
USC, entre os que se atopan David E. Losada Carril, Paula López
MartÃnez e Tomás Fernández Pena, desenvolveron un curso intensivo
sobre Intelixencia Artificial, tecnoloxÃa de computadores,
electrónica, etc. Tamén houbo sesións prácticas de programación,
asà como charlas sobre tecnoloxÃas de aprendizaxe profunda (Deep
Learning), minerÃa de
textos e axentes conversacionais. A formación tamén incluÃa a
visita do Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas
Intelixentes da USC (CiTIUS) e ao Centro de Supercomputación de
Galicia (CESGA). Os anfitrións dos centros, mediante charlas e
visitas detalladas das instalacións, exhibiron e mostraron o
funcionamento e o potencial do entorno.
O proxecto Elba ten como obxectivo afondar no campo de Intelixencia
Artificial para o tratamento de cantidades inxentes de datos.
Preténdese dar formación a preto de 80 docentes de Asia Central
mediante mobilidades organizadas por tres universidades europeas
(USC, POLITO e Primorska). Sendo o CESGA o asesor técnico, unha
cuarta parte da financiamento irá destinada para a creación de
centros de Big Data nas dez universidades sociais de Asia Central.