A Xunta manterá o impulso do libro dixital nas aulas
mércores, 7 de febreiro do 2018
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, Román RodrÃguez, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, visitaron
esta mañá o IES Mestre LandÃn de MarÃn, onde destacaron
o pulo que se deu no curso actual ao proxecto E-Dixgal (libro dixital) a
nivel de recursos e formación do profesorado. Precisamente, este instituto é un
dos tres centros do concello marinense, xunto co CEP Sequelo e o CEIP da Laxe
(nova incorporación este curso 2017/18) que traballan co libro dixital, e que
ademais xa recibiron parte dos 13.000 novos portátiles que se están
distribuÃndo polos 154 centros E-Dixgal de toda Galicia. Na provincia de
Pontevedra o número de equipos renovados ascende a 4982.
Tal e como destacou o conselleiro, a aposta polo libro dixital enmárcase na
Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, presentada en
setembro do ano pasado. Algúns dos obxectivos deste plan son lograr que todo o
alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no
curso 2020/21, romper coa fenda de xénero nos estudos STEM e acadar os 300
centros e máis de 20.000 alumnos beneficiados co libro dixital no 2020/21.
Actualmente, esta iniciativa está presente en 154 centros e chega xa a máis de
11.600 alumnos.
Neste sentido, Román RodrÃguez quixo agradecer o compromiso
do profesorado con este proxecto, posto que supón un esforzo a nivel formativo.
Por iso, curso a curso, a ConsellerÃa reforza o plan anual de formación do
profesorado co fin de acompañar aos docentes na súa actualización e adquisición
dos coñecementos clave para os retos que presenta a educación dixital. De
feito, entre e setembro e novembro impartÃronse máis de 20 cursos formativos,
nos que participaron 430 profesores; e este curso tamén se puxo en marcha un
plan de formación especÃfico sobre E-Dixgal.
Tal e como salientou, «o IES Mestre LandÃn é un exemplo dese
compromiso, dese traballo continuo dos profesores para preparar o alumnado de
cara aos retos da sociedade global e darlle máis oportunidades de futuro».
Tamén valorou a introdución das TIC no ensino como unha ferramenta que garante
a igualdade de oportunidades, posto que se democratiza o seu acceso e uso
independentemente da situación socioecononómica do alumno.
Pola súa banda, a directora da AMTEGA sinalou que o reparto de equipos é unha
da melloras previstas para avanzar cara unha educación integramente dixital.
Neste sentido indicou «que pasamos do concepto de equipo na aula ao de mochila dixital, un equipo que acompaña
ao rapaz en toda a súa actividade educativa, tanto dentro como fóra do centro,
e que lle proporciona o acceso a todos os recursos educativos dixitais a súa
disposición, cun soporte técnico ante calquera dúbida ou incidencia».
Na visita participaron tamén o delegado da Xunta en
Pontevedra, José Manuel Cores TourÃs; e o director xeral de Educación, FP e
Innovación educativa, Manuel Corredoira.
Servizo Premium, novos contidos e mellor conexión
En 2018 activarase o Servizo de Soporte Premium para as
familias, alumnado e profesores dos 154 centros educativos que empregan o libro
dixital, que ofrecerá tres tipos de asistencia: remota (telefónica e online);
in situ, con desprazamento ao lugar da incidencia; e a través de puntos fÃsicos
de atención.
Deste xeito, profesores, alumnos e familias disporán dunha
única vÃa de atención para todas as cuestións relacionadas co uso do libro
dixital a través de varias canles (telefónica, correo electrónico, web, aplicación
móbil...), dispoñible as 24 horas do dÃa os 7 dÃas da semana. O novo Servizo
Premium contempla, como novidade, que o soporte se preste no domicilio da
familia ou profesor para aquelas incidencias que requiran unha atención
presencial. Outra das opcións que se contemplan para o servizo é a
dispoñibilidade dunha rede de puntos fÃsicos de atención, abertos en horario
comercial, nos que os alumnos e as súas familias poidan resolver consultas,
dúbidas ou incidencias sobre os ordenadores ou o uso das plataformas e servizos
dispoñibles.
Respecto aos contidos, a principios de 2018 a editorial
Planeta incorporarase como terceiro provedor de contidos curriculares dixitais
para as materias de 5º de primaria a 2º da ESO, sumándose aos actuais, Netex e
Edebé. Ademais, está en fase de licitación o centro de produción de contidos
educativos dixitais, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos
para que poidan incorporar á plataforma materiais innovadores. E tamén está en
proceso de licitación o contrato do provedor de contidos en inglés.
A mellora das infraestruturas de telecomunicación é outro
dos aspecto clave na estratexia de innovación educativa. Neste momento preto do
95% dos centros públicos que empregan o libro dixital teñen conexións cun
mÃnimo de 100 Mbps. En total, máis de 1.074 centros públicos, un 86% do total,
dispoñen de a lo menos esta velocidade, que este ano chegará ao 100%, dos
centros educativos públicos que imparten primaria e secundaria.