A asociación inclusiva Ambar implÃcase nun obradoiro intensivo de podcasting coa Fundación Cibervoluntarios
xoves, 26 de febreiro do 2026
As ideas transformáronse en son na xornada intensiva de comunicación celebrada este xoves 26 de febreiro na Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, grazas á colaboración ca Fundación Cibervoluntarios. A formación permitiu ás persoas participantes adquirir as competencias necesarias para converter as súas iniciativas en contidos radiofónicos de calidade.
O obradoiro, centrado na creación e edición de podcasts, estruturouse nunha metodoloxÃa práctica que percorreu todas as fases de produción.
Por exemplo a planificación e a guionización. A mañá comezou coa organización de contidos, onde se traballou na estrutura dun guión sólido, elemento fundamental para calquera proxecto de comunicación en equipo. Tamén se abordaron técnicas de gravación da man do formador José, de Cibervoluntarios, grazas ao cal as persoas asistentes aprenderon as claves técnicas da gravación e a edición básica, con especial fincapé na escoita activa e a expresión oral.
Outra cuestión abordada foi a aplicación real de proxectos (os coñecementos aplicáronse de forma inmediata aos proxectos actuais dos participantes, garantindo asà a transferencia directa da aprendizaxe)
"Esta xornada proporcionounos as ferramentas clave para facernos escoitar e profesionalizar a mensaxe dos nosos proxectos", sinalaron desde a organización tras o peche da sesión.
Esta iniciativa reforza o compromiso ca alfabetización dixital e o empoderamento comunicativo, dotando ós novos creadores de recursos para destacar nunha contorna dixital cada vez máis competitiva.
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na comarca do Barbanza (A Coruña) que traballa desde 1982 para mellorar a calidade de vida e a autonomÃa das persoas con diversidade funcional.
