A Deputación da Coruña xuntou no Pazo de Arenaza o talento emprendedor da provincia arredor da IA
xoves, 28 de maio do 2026
Finalmente máis de trinta persoas participaron onte na xornada da Startup Europe Week, organizada polo PEL (o Plan de Emprego Local da Depuación da Coruña) e a Rede Provincial de Espazos de Traballo con motivo do décimo aniversario desta iniciativa europea. Celebrouse no Pazo de Arenaza, en Oleiros. Asistiron persoas vinculadas ao emprendemento, á innovación tecnolóxica e á intelixencia artificial no marco dunha nova edición da Startup Europe Week, que este ano celebra o seu décimo aniversario como unha das iniciativas europeas de referencia para conectar talento, proxectos e ecosistemas emprendedores.
A xornada puxo o foco na intelixencia artificial e na transformación dixital como ferramentas clave para impulsar novos modelos de negocio, reforzar a competitividade das empresas e xerar oportunidades no territorio.
O encontro combinou relatorios especializados, presentacións de proxectos innovadores, espazos de diálogo entre emprendedores e un peche institucional a cargo da deputada de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana GarcÃa, que destacou o papel da Deputación como administración aliada dos emprendedores e as empresas que apostan pola innovación a través da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, sinalou Rosa Ana GarcÃa.
A deputada subliñou ademais a importancia de contar con espazos como o Pazo de Arenaza para conectar proxectos, empresas, profesionais e talento novo. "Temos que ser capaces de crear oportunidades en todo o territorio, non só nas grandes cidades, e facer da provincia da Coruña un espazo atractivo para emprender e desenvolver proxectos con futuro", afirmou.
A xornada foi presentada por Juan Diego Pereiro Areán e Carla Carballo Villar, que lles deron a benvida ás persoas asistentes e enmarcaron o encontro como un espazo para xerar conexións reais entre empresas, entidades, profesionais e talento novo do ecosistema emprendedor galego.
Un dos primeiros bloques estivo protagonizado por Jesús Lage, membro do Comité de Dirección e responsable de Emprendemento no Clúster TIC Galicia, que presentou o programa Tech Angels. Esta iniciativa conecta empresas emerxentes tecnolóxicas con perfÃs investidores e persoas expertas capaces de achegar financiamento, coñecemento sectorial, acompañamento e visión tecnolóxica.
A continuación, presentáronse distintos proxectos galegos que amosan a capacidade da tecnoloxÃa e da intelixencia artificial para transformar sectores moi diversos.
Global Eco Transfer, da man da súa co-fundadora Dayana Barrera FarÃas, expuxo unha proposta que une mobilidade, sostibilidade e servizo profesional. Aethenova IA, presentada polo seu co-fundador Gerardo GarcÃa Yebra, amosou aplicacións da intelixencia artificial no ámbito financeiro e empresarial.
Tamén participou QaronÃ, representada por RocÃo Bardón, empresa galega especializada no desenvolvemento de software, solucións dixitais e integración de tecnoloxÃas como intelixencia artificial, datos e experiencia de usuario.
O bloque completouse con Igalia, compañÃa nacida na Coruña e recoñecida internacionalmente polo seu traballo en software libre, tecnoloxÃas web e proxectos de código aberto de alto impacto, coa intervención de Ana Rute Mendes e Xabier RodrÃguez Calvar.
A sesión incluÃu tamén a intervención de Manuel GarcÃa GarcÃa, mentor experto da CEC no programa Provincia Emprendedora, que abordou as claves para achegarse á inversión e explicou a importancia de saber comunicar o valor dun proxecto, facer visible a súa viabilidade e entender que buscan as persoas ou entidades que poden apostar por el.
O encontro rematou cun espazo de traballo en rede.
