A confianza en X cae ao denunciarse a publicación de anuncios xunto a contidos neonazis
xoves, 17 de agosto do 2023
- New American Union é un claro exemplo de conta verificada que publicaba contido indesexable (e mesmo ilegal)
A
tarefa encomendada a Linda Yaccarino á fronte de Twitter/X é titánica, pois
mentres Elon Musk abre a plataforma a todo tipo de contido tóxico, ela ten que
convencer aos anunciantes de que pór a súa publicidade en X é seguro para a súa
imaxe, e incluso
ousou a asegurar nunha entrevista a semana pasada que a plataforma é máis
segura agora que hai un ano, contradicindo a todos os estudos externos e a
calquera que use X durante 5 minutos, pois actualmente no só se restituÃron as
contas de practicamente todos os usuarios que foran expulsados no pasado, senón
que incluso se amplifica a súa mensaxe e se compensa o seu comportamento
economicamente.
Esta situación vén de facerse evidente tras a
denuncia de Media Matters, dando conta de que tanto eles como outros observadores
detectaran publicidade de compañÃas como Adobe, Samsung, Amazon ou Gilead
Sciences xunto a publicacións de contas que negan o holocausto, defenden a
supremacÃa branca ou son claramente neonazis, sendo especialmente grave o feito
de que estas contas incluso conseguiron o selo de verificación de X (polo que
as súas mensaxes conseguen unha maior visibilidade).
Yaccarino aseguraba que, aÃnda que algunha das contas conflitivas non fosen
suspendidas, en ningún caso se amosarÃa publicidade ao seu carón, o que
resultou ser falso, de aà que incluso a
CNN está a dar conta de marcas que suspenden a súa publicidade en X tras
denunciarse este feito.
Dende X só tomaron cartas no asunto unha vez que este escándalo saÃu á luz
pública, de xeito que suspenderon algunhas das contas máis notables mencionadas
polos medios que destaparon as malas prácticas de X, compañÃa que non parece
querer comprender que é imposible manter un espazo seguro se deixan participar
na conversa a persoas que manteñen discursos de odio como sinal de identidade,
e menos aÃnda cando os permiten participar en programas de monetización nas que
precisamente só se compensa polas visualizacións por parte de usuarios de
pagamento que curiosamente teñen un nesgo claro (conspiracionistas e con
ideoloxÃa de extrema dereita, que normalmente son expulsados doutras
plataformas sociais por desinformar e difundir contido ilegal).