A exposición AI: More than Human pecha con grande éxito
luns, 6 de febreiro do 2023
Dende inicios do mes de decembro, e especialmente durante
todo o mes de xaneiro, a sede de Afundación na Coruña recibiu cada dÃa máis de
190 persoas para visitar a exposición AI: More than Human ratificando
o interese da poboación da Coruña e Galicia pola revolución da intelixencia
artificial, un fito tecnolóxico que xera importantes oportunidades para Galicia
tras a designación da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da
Intelixencia Artificial (AESIA).
A exposición, inaugurada o 5 de setembro de 2022 e seguramente
a mostra sobre Intelixencia Artificial (IA) máis importante nunca celebrada en
Europa, despÃdese da cidade hoxe mesmo tras recibir máis de 20.000 visitantes,
moi por encima do máximo previsto. AsÃ, dada a complexidade dos contidos e
temáticas tratados, no deseño dos percorridos, primouse a calidade da
experiencia do visitante, cunha media de permanencia dunha hora e media.
Creada polo Barbican Centre de Londres (Reino Unido) e
coproducida polo Forum Groningen (PaÃses Baixos), a exposición AI: More than
Human, de gran formato, aproxima ao visitante ás orixes, o presente e o
futuro da Intelixencia Artificial. Un percorrido polos retos e as oportunidades
que a intelixencia artificial expón ao ser humano, comezando nas súas antigas
raÃces ancoradas no sintoÃsmo xaponés e os primeiros experimentos de Ada
Lovelace e Charles Babbage no campo da informática, ata os grandes
desenvolvementos realizados desde a década de 1940 ata a actualidade.
Ao redor da exposición organizáronse actividades
paralelas: un ciclo de cinema, un ciclo de conferencias de dous meses de duración
que atraeu á Coruña a algúns dos principais expertos en intelixencia artificial
de España e Europa, e unha xornada de traballo sobre música creada por máquinas
intelixentes.
Para facilitar unha mellor aproximación aos contidos da
exposición, que se repartiron polos cinco andares da sede de Afundación na
Coruña, o equipo da Obra Social de ABANCA puxo en marcha un completo programa
de visitas guiadas para todos os públicos. E resultou ser un éxito. As entradas
para esta opción esgotáronse a mediados de xaneiro.
Cuns programas didácticos, adaptados a todas as idades, a
área Educativa de Afundación preparou un percorrido pola mostra de maneira que
os participantes en cada unha das visitas puidesen contextualizar desde a base
histórica dos principios da intelixencia artificial, ata os desenvolvementos
posteriores que, hoxe en dÃa, teñen un impacto profundo na nosa vida diaria e
no deseño dun futuro non moi afastado. Con lista de espera para os centros educativos
xa desde o mes de decembro, case 5.000 escolares puideron coñecer AI: More
than Human. Da man dun equipo de especialistas visitaron unha exposición na
que gozaron especialmente da presenza do can Aibo, dotado de intelixencia artificial.