A galega R amplÃa a súa cobertura a 21 novas localidades
luns, 25 de agosto do 2008
A firma
galega de comunicacións por fibra óptica, R, vén de ampliar o seu plan de
despregamento en Galicia coa dotación de cobertura a 21 novas localidades da comunidade
ao longo do 2008.
Deste xeito, a empresa acada xa un
investimento acumulado de 655 millóns de euros cos que logrou cubrir un total
de 61 concellos con servizos de Internet de alta velocidade, telefonÃa fixa,
televisión dixital multicanle e móbil.
Asemade, R está a traballar agora nunha nova
ampliación da cobertura a 13 localidades máis e chegar asà a cubrir o 60 por
cento da poboación galega nos vindeiros meses.