A galega SmartBot amosa os seus produtos na Global Robot Expo 2017
xoves, 2 de febreiro do 2017
Esta mañá inaugurouse no Pavillón de Cristal da Casa de
Campo de Madrid a Global Robot
Expo 2017, unha importante feira de tecnoloxÃa robótica a nivel europeo no
que estará presente a galega SmartBot (marca de robótica de SmartTek),
concretamente no expositor 107-108 e na Smart
Home.
A compañÃa con sede en Betanzos leva á feira madrileña o seu novo robot limpacristais SmartBot Hobot 198,
cunha tecnoloxÃa que permite controlar dende o smartphone o seu funcionamento
mentres limpa os cristais do noso fogar, asà como realizar a súa tarefa cunha
maior precisión e rapidez.
VÃdeo de presentación do novo SmartBot Hobot
Tras o éxito do robot cortacéspede SmartBot V2, para manter xardÃns de até
2.600 m2 e programable mediante o smartphone, presentarán na Global Robot Expo
as evolucións tecnolóxicas que permitirán que este ano cheguen ao mercado dous
novos modelos de SmartBot que cubrirán as necesidades para os xardÃns máis
pequenos (menos de 1.500 m2) e tamén de grandes dimensións (entre 2.500 e 4.000
m2), de xeito que haberá no mercado 3 modelos de robot cortacéspede conectados,
adaptándose ás distintas necesidades do mercado.
Unha das novidades que tamén presentará SmartBot en Madrid será un robot
limpagrellas, o SmartBot Grillbot,
froito da alianza estratéxica cunha compañÃa estadounidense, e que permitirá
liberar ao usuario da dura tarefa de limpar barbacoas e grellas, xa que será un
robot quen faga o traballo de xeito autónomo.
VÃdeo de presentación do SmartBot Grillbot
