A moeda de dólar en homenaxe a Steve Jobs esgótase en poucos minutos
martes, 12 de maio do 2026
O pasado mes de outubro a Casa da Moeda dos Estados Unidos presentou os deseños das moedas conmemorativas de dólar do programa American Innovation correspondentes ao ano 2026, entre as que destacan a moeda de Wisconsin (que rende homenaxe ao superordenador Cray-1) e a de California (que lembra a figura de Steve Jobs, co-fundador de Apple).
O que non parecÃa tan doado de prever é a elevada demanda que terÃa a moeda que homenaxea a Steve Jobs, pois pese a pórse á venda un elevado número de moedas as existencias rematáronse en menos de 9 minutos. Concretamente puxeran á venda 18.150 paquetes de 25 moedas dun dólar e 7.800 paquetes de 100 moedas dun dólar, ou sexa, que en poucos minutos despacharon máis de 1,2 millóns de dólares en moedas, deixando claro o interese e a admiración que aÃnda esperta o co-fundador de Apple, que nas novas moedas aparece sentado diante dunha paisaxe tÃpica do norte de California, con outeiros ondulados cubertos de carballos, e rodeado dunha inscrición que di «fai algo marabilloso».
Dende a Casa da Moeda dos EE.UU. aseguran que o estado de California escolleu a Steve Jobs para representalos polo seu liderado que levou a innovacións que van dende o Macintosh ata o iPhone, axudando a converter a Apple na primeira compañÃa do mundo en superar unha valoración dun billón de dólares. Tamén destacan o feito de que fundase NeXT e transformase Pixar, deixando unha fonda pegada tanto no sector tecnolóxico como no audiovisual e musical.
As moedas postas á venda esta tarde corresponden ás acuñadas nas cidades de Philadelphia e Denver, estando previsto que no terceiro trimestre do ano produzan máis unidades noutras cidades, asà como tamén poñan á venda lotes para coleccionistas con todas as moedas da serie American Innovation de 2026.

- Anuncio do lanzamento da nova moeda nos seus distintos formatos
