A música de Prince volve aos principais servizos de streaming
luns, 13 de febreiro do 2017
A
relación de Prince coa Internet foi sempre complicada, resultando evidente que
non era partidario desta canle de distribución, de xeito que non só se opoñÃa a
servizos como YouTube (onde continúa sen estar dispoñible oficialmente a súa
música), senón que tamén tivo unha efémera presenza en redes sociais e incluso retirou
a súa música dos servizos de streaming máis populares, pero vese que o seu
pasamento en 2016 serviu cando menos para que a súa vontade xa non conte á hora
de difundir a súa obra, e a pasada fin de semana puidemos ver o regreso da música
de Prince a Spotify, asà como a Apple Music e Pandora, de xeito que o
practicamente descoñecido servizo Tidal xa non terá a exclusiva da explotación
da discografÃa de Prince a través de streaming
(forma de consumo imperante na actualidade).
A volta da música de Prince ás principais plataformas de streaming coincidiu
co dÃa da gala dos Premios Grammy co gallo do tributo que na gala se
esperaba para o artista que finou sen deixar constancia das súas últimas vontades,
polo que agora é Universal Music Publishing quen se encarga de xestionar os
seus dereitos musicais.
Warner Bros. Records tamén anunciou que vai remasterizar Purple Rain, un proxecto no que Prince estaba a traballar antes da
súa morte, asà como tamén publicarán un par de álbums con música sen publicar e
un par de gravacións de concertos. Estas producións verán a luz o 9 de xuño, a
un par de dÃas do que serÃa o 59º aniversario do artista de Minneapolis.
