A nova actualización da web da USC contou coas contribucións de desenvolvemento de Balidea

mércores, 12 de maio do 2021 S. P.

A empresa Balidea volveu poñer os seus recursos humanos e tecnolóxicos ao servizo da Universidade de Santiago, que, como lembraremos, vén de presentar a última actualización do seu portal web coas novas seccións de Centros e Departamentos. Nesta renovación estética, funcional e operativa da web da USC, Balidea colaborou como empresa encargada de realizar o desenvolvemento tecnolóxico, no marco da segunda fase do novo portal web lanzado en decembro de 2019.
Con esta mellora, os apartados de Centros e Departamentos pasan a ser seccións dentro da web principal, co seu menú propio e contidos se seu. Neste senso, Balidea confirmou que se poden consultar os calendarios e horarios de cada centro e inclúense novos perfís de edición para centros, departamentos e titulacións académicas.
Ademais, nesta segunda fase inclúese o desenvolvemento dun sistema de boletín de noticias e dunha intranet que “contribuirá a mellorar a comunicación interna e a xestión documental e de procedementos da entidade”, explicou a empresa tecnolóxica con sede en Santiago.

PUBLICIDADE