A partir do martes 7 xa se poden solicitar por vÃa electrónica as inscricións para o CELGA
luns, 6 de marzo do 2023
O Diario
Oficial de Galicia
(DOG) publicou
este luns 6 de marzo
a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os
certificados acreditativos dos niveis de lingua galega CELGA
1, 2, 3 e 4. O prazo para presentar as solicitudes, asà como o de
pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, comeza este
martes 7 de marzo e remata o dÃa 27 do mesmo mes, segundo
explicou a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, impulsora e
organizadora destas probas de certificación do coñecemento da nosa
lingua.
As
ditas solicitudes presentaranse de
xeito preferÃbel
por vÃa electrónica a través do formulario normalizado dispoñÃbel
na sede electrónica da Xunta de Galicia. De
maneira opcional
poderán presentarse fisicamente
en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento administrativo común. As listaxes
provisionais de persoas admitidas e excluÃdas para cada nivel e
localidade publicarase no Portal
da Lingua Galega.
Pola
súa parte, os exames, previstos
para os meses
de maio e xuño, realizaranse de forma presencial e simultánea en
Santiago de Compostela, para os catro niveis, e en Ponferrada, para
os niveis 2, 3 e 4. As datas concretas, asà como as sedes e horarios
de celebración,
publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal
da Lingua Galega. Unha vez realizados os exames, os resultados
provisionais publicaranse no dito portal no prazo máximo de dous
meses desde a súa realización.
Os
certificados de lingua galega (CELGA)
poden obterse a través da superación destas probas que convoca
periodicamente a Xunta de Galicia ou ben a través da validación de
estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014
pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, na que se regulan
os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da
lingua galega.