A quinta edición de BFFood impulsa 14 proxectos innovadores de emprendemento
xoves, 16 de febreiro do 2023
Business Factory Food (BFFood), a
aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola
Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia
(CLUSAGA)
e empresas de referencia na industria alimentaria galega, vén de
seleccionar os 14 proxectos que participarán na súa quinta edición.
Dos
seleccionados, catro accederán ao programa de consolidación e 10 ao
de aceleración. A gran maioría veñen da man de novas firmas
innovadoras (startups) galegas, pero tamén están presentes
iniciativas de Euskadi e de Canarias. Unha boa parte deles salienta
por botan man das máis avanzadas e disruptivas tecnolóxicas
dixitais e intelixentes.
Todos
recibirán apoio integral e especializado, durante nove meses no caso
del programa de aceleración, e doce no de consolidación, con acceso
a mentoría, formación, adestramento, servizos técnicos,
infraestruturas e “medios especificamente concibidos para o seu
ámbito de desenvolvemento”, explicou CLUSAGA, engadindo que o
obxectivo é “impulsar a súa idea innovadora para facer fronte a
los retos do sector alimentario”.
Ademais,
cada startup do programa de consolidación terá a
oportunidade de recibir apoio económico, a través dun préstamo
participativo por parte da Xunta a través de XesGalicia, que podería
implicar unha opción de capitalización de ata un máximo de
250.000€. No caso no programa de aceleración, os proxectos poderán
acceder a financiamento do Goberno galego a través da Axencia Galega
de Innovación (GAIN), de 25.000€ a fondo perdido, e de XesGalicia,
a través de un préstamo participativo que podería conlevar unha
opción de capitalización de ata 50.000€.
Esta
quinta edición recibiu un total de 33 candidaturas, tanto a nivel
nacional como internacional, e contou co apoio de 22 empresas líderes
do sector alimentario galego.
Destas
empresas, as encargadas do proceso de mentoría dos proxectos
seleccionados serán Grupo Lence, Innolact, Grupo Nueva Pescanova,
Grupo Pereira, Viña Costeira, Hijos de Rivera, Bodegas Martín
Códax, CONGALSA e GADISA. Xunto a estas, as entidades AGACA e
CLUSAGA tamén participan como mentoras nesta edición da
aceleradora.
Proxectos para o programa de aceleración
– YowUpMilk.
Este proxecto propón o desenvolvemento de leite e iogures para cans
e para gatos en formatos adaptados ao mercado, cunha vida útil de 18
meses, sen frío e cunha formula adaptada ás súas necesidades
nutricionais.
– GrabITVision.
Esta iniciativa desenvolve solucións de visión artificial para o
sector agroalimentario, a través dunha plataforma propietaria
baseada en Deep Learning que permite desenvolver de xeito
rápido e flexible diversos casos de uso nun hardware de custo
reducido.
– Salmoira.
Desenvolve produtos semiconservados para o seu consumo directo,
produtos de quinta gama ou a salgadura de alimentos coma método de
conservación para o seu posterior consumo desalgado. Tamén
desenvolve de xeito industrializado dun novo produto envasado e
conservado, destinado a canle HORECA ou alimentación gourmet.
– AnFood.
Este proxecto desenvolve un produto plug & play que
aprenda de xeito automático a detectar
anomalías en imaxes de comida, de tal forma que calquera persoa sen
coñecementos en
Intelixencia Artificial poda levar a cabo un sistema de detección de
corpos estraños de xeito autónomo.
– GradHoc.
Desenvolve unha plataforma multiprotocolo de Intelixencia Artificial
para a monitoraxe, optimización e automatización de instalacións e
alarmas, con análise preventivo e preditivo. Os principais
beneficios para as empresas alimentarias serán a xestión e a
optimización da enerxía en instalacións frigoríficas.
– Nigal.
Proxecto que realiza a xestión de stocks de xeito automatizado e
facer predicións de ventas a partir de datos históricos mediante
algoritmos de intelixencia artificial para diminuír o impacto da
situación actual de incremento do prezo de materias primas e o grao
de incerteza nos prazos de entrega.
– Tofu
Landeira. Proxecto que fabrica tofu ecolóxico en base soia
cunhas calidades organolépticas moi diferenciadas ao existente no
mercado, elaborando, ademais, os produtos a partir de cultivo
ecolóxico certificado propio.
– Recarbo.
Proxecto que, mediante tecnoloxía de cadea de bloques ( blockchain)
asegura a rastrexabilidade de emisións de gases de efecto
invernadoiro do produto desde a súa orixe, avaliando e acreditando a
veracidade das emisións xeradas en toda a cadea de valor a fin de
poder certificar un produto neutro en carbono baixo un estándar
recoñecido internacionalmente (PAS 2050).
– BioCrops.
Iniciativa enfocada a desenvolver fertilizantes ecolóxicos a partir
de subprodutos da cría de larvas de Tenebrio Molitor, xerando
un abono orgánico 100% natural, previndo a degradación do solo de
xeito sustentable e obtendo quitina como biofortificante, en favor
do Urban Farming.
– SEA
4.0. A proposta de valor de SEA 4.0 é sensorizar os cultivos
mariños para poder comprender, con tecnoloxías avanzadas de
tratamento de datos, os principais factores que inflúen na obtención
de produtos de calidade óptima.
Proxectos seleccionados no programa de consolidación
– NSF
4.0: Néboda é unha startup enmarcada no ámbito da
agricultura vertical de interior, que ten como misión a produción
de vexetais da máis alta calidade, de proximidade, cultivados preto
dos puntos de venda e dos consumidores, dun modo sustentable,
minimizando ao máximo a pegada ecolóxica e independente da
estacionalidade.
– Buffet
Waste. Proxecto que conta cun sistema intelixente de medición do
desperdicio alimentario xerado nos buffets e puntos de
restauración dun establecemento hoteleiro. Este aplicativo permitirá
cuantificar os residuos de comida do buffet
diferenciándoos por tipoloxía, e vinculados ao perfil do tipo de
cliente aloxado.
– Enzicas.
Empresa que levará ao mercado un aditivo alimentario natural que
reduce os tempos de maduración de queixos e embutidos conseguindo
unha optimización dos custos operativos, reducindo a adición en
sales no produto final e as emisións de CO 2 producidas ao longo do
proceso produtivo.
– Provide.
Servizo de diagnóstico e asesoramento personalizado ao sector
vitivinícola para o desenvolvemento de solucións biotecnolóxicas
de control de enfermidades e valorización de subprodutos.
