A serie de televisión de Pokémon chega a dispositivos móbiles a través dunha aplicación de balde

mércores, 13 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Onte estrouse na App Store e en Google Play a aplicación Pokémon TV que facilita a smartphones e tablets o acceso totalmente de balde ás aventuras animadas de Ash, Pikachu e os seus amigos, para o que cada semana ofrecerán 50 capítulos da serie de televisión de Pokémon, rotando para permitir a visualización dos máis de 700 episodios repartidos en 15 tempadas, repartindo os episodios en rexións Pokémon. A aplicación tamén servirá para acoller a películas de Pokémon (agárdase que o último filme de animación da franquía poida verse entre os días 15 e 18 de febreiro), vídeos especiais, curtametraxes e trailers, sorprendendo o feito de que, pese a ser unha aplicación global, tamén permite a reprodución dos episodios en español, todo un detalle que agradecerán os seareiros desta franquía que trunfou tanto en consolas portátiles como na pequena pantalla.


Vídeo de presentación da nova aplicación móbil

PUBLICIDADE