A tecnoloxÃa de lentes de Google achegarase a Galicia a través dunha serie de charlas
venres, 11 de abril do 2014
O
director de proxecto de Mundo Glass, Andreu Ibáñez,
profesional con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC que actualmente
dedica boa parte do seu tempo a tecnoloxÃas de Google entre as que destaca
Glass, visitará
Galicia os vindeiros dÃas 24 e 25 convidado polos Grupos de Desenvolvedores
de Google (GDG) das cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña (estes
dous últimos de recente formación), aproveitando para impartir relatorios sobre
a tecnoloxÃa de Google Glass en cadansúa cidade, o que será unha excelente
oportunidade para ver os populares lentes de Google en funcionamento.
O primeiro destes eventos será o xoves 24 ás
12:40 horas na Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da Universidade de
Santiago de Compostela, onde Ibáñez fará unha demostración interactiva das
Google Glass, comentando os seus diferentes aspectos técnicos e algúns
proxectos nos que traballa, como Liquid Galaxy. Está previsto que esta
actividade teña unha duración aproximada dunha hora.
O venres 25 de abril ás 19:00 horas está programo un relatorio
sobre Google Glass e Android Wear no Club Financeiro de Vigo, no que
buscarase dar un enfoque máis profesional sobre a tecnoloxÃa wearable de Google.
Está previsto que durante o venres Andreu Ibáñez visite tamén a cidade da
Coruña para impartir outra das súas charlas sobre Google Glass, da que daremos
conta cando se confirme o lugar e a hora na que terá lugar. AÃnda que inicialmente agardábase a celebración dun encontro na Coruña, por motivos loxÃsticos non poderá ter lugar nesta ocasión.
- Andreu Ibáñez amosará a tecnoloxÃa de Google Glass na súa xira galega