A tecnolóxica Dos Espacios xestionará a aceleradora TurisTalent 5.0, con sede en Lugo
luns, 5 de maio do 2025
O Concello de Lugo vén de adxudicar a xestión da aceleradora TurisTalent 5.0 á empresa tecnolóxica galega Dos Espacios Internet Consulting SL por un importe de 134.704,77 euros. O programa, impulsado dende a concellerÃa de Dinamización Económica, busca dinamizar o emprendemento no sector turÃstico e enogastronómico mediante a formación e mentoring de proxectos innovadores.
"Con esta adxudicación, damos un paso máis na consolidación de Lugo como un espazo de oportunidades para o emprendemento turÃstico. TurisTalent 5.0 será unha ferramenta clave para impulsar proxectos con alto potencial, favorecendo a creación de emprego e a diversificación do tecido empresarial da cidade", destacou o rexedor, Miguel Fernández, quen enxalzou a importancia do apoio institucional nestas iniciativas: "Queremos que Lugo sexa un referente na innovación turÃstica. O noso obxectivo é proporcionar as ferramentas necesarias para que os emprendedores poidan desenvolver proxectos sustentábeis e de calidade, baseados na nosa riqueza patrimonial e gastronómica".
O Concello recibiu seis ofertas para a xestión deste programa pioneiro. Estas propostas foron avaliadas por un comité de expertos mixto, integrado por técnicos de diferentes departamentos municipais e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que valoraron a idoneidade das candidaturas para impulsar esta iniciativa.
A aceleradora desenvolverase ao longo de nove meses, durante os cales os proxectos participantes recibirán formación especializada, asesoramento técnico e apoio na procura de financiamento. O programa inclúe diferentes fases, desde a captación e selección dos proxectos ata a súa presentación ante potenciais investidores nun Investors Day.
TurisTalent 5.0 terá a súa sede no edificio Impulso Verde, situado na Garaballa, un espazo que busca converterse nun referente para o ecosistema emprendedor lucense.
A aceleradora enmárcase no Plan de Sostibilidade TurÃstica en Destino ...Et Edendo, Lucus, que conta cun financiamento de 2 millóns de euros procedentes dos fondos europeos Next Generation. O obxectivo final desta iniciativa é promover un modelo turÃstico sostible e de calidade, baseado nos recursos endóxenos da cidade. Con esta iniciativa, o Executivo de Miguel Fernández reafirma o seu compromiso co emprendemento e coa xeración de novas oportunidades económicas para Lugo.