A veciñanza de Covelo recibiu formación en Administración Electrónica
martes, 28 de febreiro do 2023
A
veciñanza
de Covelo recibiu formación no uso de ferramentas dixitais para
relacionarse coas administracións a través da Rede.
Profesionais do ámbito público impartiron no Auditorio Municipal, a
través do programa A Administración preto ti, unha clase
sobre os principais servizos prestados pola Subdelegación do Goberno
en Pontevedra e os servizos electrónicos da Administración Xeral do
Estado.
O
Concello de Covelo puxo á disposición dos profesionais da
administración todos os medios posibles para que a cidadanía
recibise a formación do dito programa itinerante, que se desenvolve
nas vilas de España para mellorar o coñecemento de ferramentas
dixitais que facilitan a tramitación de determinados servizos sen
ter que saír da casa.
Dun
xeito sinxelo, abordouse como descargar a clave que nos vai dar
acceso a información e trámites ou como facernos cun certificado
dixital. Amais, explicáronse as medidas de seguridade de cada unha
das plataformas, as principais características de cada unha delas,
en que dispositivo electrónico e cando é axeitado utilizar unha ou
outra e diversas consideracións e recomendacións para o seu
emprego. Ademais facilitaron aos/ás asistentes a posibilidade de
rexistrarse co sistema Cl@ve.
“A
Administración Electrónica permite que as persoas que manexan
dispositivos como un teléfono móbil ou un ordenador poidan
xestionar citas, inscribirse en procesos, obter información,
realizar consultas, coñecer o estado das súas solicitudes e moitas
outras tarefas evitando desprazamentos”, destacou o Concello de
Covelo ao fío desta xornada formativa, facendo fincapé na súa
colaboración coas distintas administracións para “contribuír na
alfabetización dixital e facilitar así o acceso á información e
trámites electrónicos a un maior número de persoas o que supón un
número menor de desprazamentos, un mellor manexo do tempo por parte
das persoas, a contribución á redución de emisións de CO2, maior
transparencia e mellor gobernanza, entre outros aspectos”.
