A veciñanza de Lugo xa pode facer propostas de acción local pola vÃa telemática
luns, 6 de agosto do 2018
Os
orzamentos participativos de Lugo, o programa para a implicación
cidadá na vida pública municipal a través da vÃa tecnolóxica,
están activos con páxina web de seu para que as veciñas e veciños
poidan, literal e virtualmente, erguer a man e presentar propostas de
iniciativas propias e votar as dos demais. Trátase da web
loop.lugo.gal, cuxa actividade
insÃrese na primeira fase do proxecto (até o 9 de setembro) de
orzamentos participativos que impulsa o actual Concello.
Esta
fase complétase coa vÃa presencial para presentar propostas, no
rexistro de Concello, até o 7 de setembro.
Para
impulsar a iniciativa, este 8 de agosto celébrase no local dos
maiores do Sagrado Corazón, a partir das 20.00 horas, unha xuntanza
cos veciños e veciñas para informalas das posibilidades da
iniciativa. Trala reunión desta semana, o Goberno local achegarase a
outros barrios da cidade. A información sobre estas citas será
incluÃda puntualmente en www.lugo.gal
e nas redes sociais.
Os
orzamentos participativos veñen cunha contÃa total de 350.000 euros
con cargo ao presuposto deste 2018, cuxo destino será decidido pola
cidadanÃa a través das súas propostas.
Esta
é, como dixemos, a primeira fase dos orzamentos participativos, a
recollida de propostas de diferentes investimentos de até 15.000
euros, que estará aberta ata o 9 de setembro. Pode concorrer
calquera persoa empadroada en Lugo ou con vencellos co municipio,
sexa por estudos ou traballos.
Trala
primeira fase, virá a de avaliación da viabilidade das propostas,
por parte dun equipo técnico municipal. Logo, unha terceira de
votación das propostas, tecnicamente viábeis. Nesta fase poderán
participar persoas empadroadas, maiores de 14 anos. A última fase é
a de execución das actuacións que a xente decidiu e votou.
Os
obxectivos do Concello son os seguintes: fomentar a participación a
través dun exercicio público transparente (procurando a maior
participación veciñal posÃbel, que permita a implicación activa
das e dos lucenses co desenvolvemento local do seu municipio),
promover que a cidadanÃa sexa activa nos acontecementos e decisións
e mellorar a comunicación entre Concello e veciñanza.
Proxecto
encargado a SIVSA
SIVSA,
histórica empresa TIC galega (foi fundada en 19879, vai ser a
encargada de achegar o alicerce tecnolóxico integral da polÃtica
cidadá e transparente do Concello de
Lugo. Asà nolo contou a empresa tecnolóxica con sede en Vigo os
dÃas pasados, que sinala que o Goberno lucense apostou por ela para
a posta en marcha da plataforma tecnolóxica que permitirá a
presentación, validación, votación e xestión da execución dos
seus orzamentos participativos de 2018, un sistema polo que os
cidadáns poderán decidir unha parte (350.000 euros) dos recursos
municipais.