AMTEGA dotará con equipamentos de robótica, impresión 3D e realidade virtual a Aula CeMIT de Ribeira
martes, 14 de febreiro do 2023
A
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén
de comunicar ao Concello de Ribeira a súa intención de entregar á
Aula CeMIT, centro de dinamización, formación e divulgación
tecnolóxica situado no barrio de Cubeliños, unha serie de material
disruptivo para súa actividade.
En
concreto, a instalación vai recibir o seguinte material: unha
impresora 3D e un kit de consumibles, un equipo de robótica
composto por trebellos tecnolóxicos educativos e kis de construción,
un kit de drons, lentes de Realidade Virtual e controladores e un kit
de placas de comunicación e programación, composto por placas tipo
Arduino e Raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits.
Esta
entrega de material tecnolóxico materialÃzase a raÃz da solicitude
do Concello de Ribeira de adhesión ao Plan de Reforma e Ampliación
da Rede de Aulas CeMIT.
