Adeus ao rabudo Nacho Mirás
xoves, 15 de outubro do 2015
- Nacho Mirás reivindicando o papel da Sanidade Pública ao recibir o seu premio na última edición de MexilOnseTuits
Esta tarde dixo adeus unha figura moi relevante no panorama
galego da comunicación, xa que o
xornalista e blogueiro Nacho Mirás Fole faleceu a consecuencia do cancro co que
levaba anos loitando á vez que compartÃa os seus difÃciles momentos cos
seus seareiros a través de redes sociais, do seu blog, e incluso a través dun
libro de grande éxito, El
mejor peor momento de mi vida, que facÃa unha interesante achega á
loita contra o cancro grazas á aguda perspectiva que sempre caracterizou a
Mirás durante a súa carreira profesional.
Nacho Mirás demostrou ser un
grandÃsimo comunicador, de xeito que cando iniciou o seu peor momento vital, en
vez de recluÃrse, abriuse ao mundo a través da Rede, o que o ano pasado
traduciuse en múltiples recoñecementos, entre os que podemos destacar o Premio 20blogs ao
mellor blog persoal de 2013 e unha mención
especial na última edición de MexilOnseTuits.
A loita de Mirás contra a enfermidade foi tamén unha reivindicación da Sanidade
Pública, unha critica mordaz contra a burocracia e unha aproximación á parte
máis humana das persoas, que levou a moitos a conectar co blogueiro máis rabudo, que sempre foi moi activo na
Rede, chegando a ser todo un pioneiro en plataformas como Second Life, onde chegou a fundar
un Centro Galego.
Perdemos asà hoxe todo un referente do bo facer no mundo do xornalismo e na comunicación
a través da Internet, que conseguiu deixar unha profunda pegada entre os seus
milleiros de lectores e seareiros.
- Mirás sempre destacou polo seu compañeirismo, como podemos ver cando se retrata cos responsables de Vivir na Coruña
- Mirás sempre foi moi activo nas plataformas dixitais, con grande presenza en Twitter e Facebook, sendo un auténtico pioneiro en Second Life e no fenómeno dos blogs