Ambar finaliza a súa formación en competencias tecnolóxicas pola inclusión: o programa Dixitalíza-T
luns, 13 de marzo do 2023
A
formación Dixitalíza-T promovida pola Asociación Ambar das Persoas
con Diversidade Funcional rematou o pasado martes día 7 de
marzo.
Tivo un total de 160 horas e estivo composta por catro módulos:
busca na rede, correo electrónico, trámites en liña e materia de
empregabilidade.
Este
luns 13 de marzo celebrouse
na asociación barbanzá a
entrega de diplomas da formación no Centro de Recursos da
Asociación, situado
en Ribeira.
As persoas que obtiveron o seu diploma foron Conchita Mouriño,
Alberto Fungueiriño, Juan Ramón Barreiro, Héctor Vidal, Araceli
Pouso, Sebastián Jiménez e Raquel Hernández.
Realizaron
a entrega Milagros Rey, presidenta de Ambar e Lidia Mariño, docente
da formación. Tamén estiveron presentes Jaime Capilla, coordinador
da formación; e Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar.
O
enfoque das accións que se levaron a cabo a través do programa foi
ofrecer alternativas de formación dixital de maneira práctica,
incrementar as posibilidades de accesibilidade dixital das persoas
con diversidade funcional e romper os estereotipos existentes estas.
Esta formación foi posible grazas ao
financiamento
da Fundación ONCE, dentro do seu programa Por Talento Digital (XTD).