Anuncian uns calzóns para protexer o esperma da radiación dos móbiles

luns, 21 de maio do 2007

O medo á radiación producida polos terminais de telefonía móbil, dos que existen estudos que alertan da posible ameaza para a fertilidade masculina de terse este tipo de dispositivos preto dos testículos , levou a unha firma suíza a anunciar un novo modelo de calzóns que afirman que escudan deste tipo de radiación.
Isabodywear fabricou xa 4.000 unidades (dos que 500 se entregarán de balde ás persoas que o soliciten por correo electrónico) e agardan vendelos a 29,90 francos suízos (uns 18 euros).

PUBLICIDADE