Artigos desta sección
A reprodución multimedia da Xbox pórtase a ordenadores con Windows, Mac OS X ou Linux
O grupo de desenvolvedores de Team-XBMC acaban de lanzar unha nova versión do software de Xbox Media Center (XBMC) que se está a converter en multiplataforma baixo o nome chave de Atlantis e que será compatible con Linux, Mac OS X, Windows e Xbox dentro dun par de meses (podendo xa probarse esta entrega de adianto). Con esta nova versión pretenden así (...)
Ler máisA nova versión de µTorrent adáptase a IPv6
As aplicacións de intercambio de arquivos a través da Internet comezan a adaptarse ao futuro da Rede, e a versión 1.8 de µTorrent, considerado o cliente de BitTorrent máis popular e eficiente para Windows, incorpora o soporte de Teredo (un protocolo de tunelización que converte os paquetes IPv6 en datagramas UDP IPv4 para que sexan compatibles con hardware (...)
Ler máisO supercomputador do CESGA bate a marca mundial de resolución de incógnitas
Un grupo mixto de investigadores das Universidades de Extremadura e Vigo xunto con técnicos do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de resolver un problema electromagnético de 150 millóns de incógnitas empregando para iso o superordenador Finis Terrae instalado no CESGA. A cifra da anterior marca mundial (a cargo dun grupo de investigadores (...)
Ler máisA Xunta dota con equipos informáticos a 55 xulgados de paz galegos
A Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en colaboración coa entidade Red.es, vén de dotar con 98 ordenadores e 72 equipos multifunción a 55 xulgados de paz galegos nunha actuación que se enmarca no programa Rexistro Civil en Liña, polo cal se investirán ata un máximo de 1.373.458 euros nos 270 xulgados de paz galegos. Con esta suma, o (...)
Ler máisZoundry Raven, unha aplicación portátil para publicar en blogs
Os usuarios que gusten de escribir artigos para os seus blogs dende ferramentas de escritorio (coma Windows Live Writer) teñen agora unha interesante opción, Zoundry Raven, que é unha aplicación de balde para a redacción, edición e publicación de blogs de pequeno tamaño que incluso se pode transportar nunha memoria USB. Aínda que esta aplicación non é tan (...)
Ler máisSoftware innovador para recrear feiras virtuais en 3D
Agora que estamos en crise, todo o que fagamos para dar a coñecer a nosa empresa ao público e erguer a economía é pouco. Mais os empresarios deben botar man de todo o que estea ó seu alcance para tratar de manterse a flote e agardar a que veñan de novo as “vacas gordas”. A empresa Tradky Software, na procura de novidades virtuais que axuden ás pequenas empresas (...)
Ler máisIDPhotoStudio, o fotomatón por software
Os ordenadores, as impresoras e as cámaras dixitais cada día fan achegan máis liberdade aos afeccionados á fotografía, aínda que o proceso de tomar fotografías tamaño carné continúa a ser un reto para motos, de aí que apareza a aplicación informática IDPhotoStudio, que permite axustar as imaxes que captemos para poder convertelas en fotografías coas medidas (...)
Ler máisA galega Imatia desenvolve un sistema para o intercambio de datos dixitais entre os concellos galegos
A empresa viguesa Imatia, vén de desenvolver un mecanismo para o intercambio de procedementos dixitalizados entre administracións, de xeito que os sistemas informatizados, creados e implementados por uns, poidan ser empregados por outros. Este proxecto, que se coñece como CI+DADANS permite que se compartan tanto o código e a definición dos fluxos como a (...)
Ler máisSae a versión 8 de QuarkXpress
Quark anunciou que a súa aplicación QuarkXpress 8 xa está á venda a 1.349 euros (399 euros no caso de actualizar dende unha versión anterior) renovándose así unha das aplicacións de maquetación para Windows e Mac OS X de máis sona. O programa inclúe unha nova interface pensada para facer máis doado o seu uso e mellorar a produtividade na produción de proxectos de (...)
Ler máisTorque permite facer de xeito doado xogos para o iPhone
O desenvolvedores que queiran facer xogos para o iPhone téñeno agora máis doado grazas a que o sistema de creación de xogos Toque Game Engine e Torque Game Builder veñen de adaptarse ao móbil de Apple, o que permite facer xogos 2D 3 3D cunha simple linguaxe de scripts. A nova plataforma de desenvolvemento de xogos intégrase no iPhone SDK e inclúe un editor (...)
Ler máis0 | ... | 1350 | 1360 | 1370 | 1380 | 1390 | 1400 | 1410 | 1420 | 1430 | ... | 1550
