Torque permite facer de xeito doado xogos para o iPhone

martes, 29 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O desenvolvedores que queiran facer xogos para o iPhone téñeno agora máis doado grazas a que o sistema de creación de xogos Toque Game Engine e Torque Game Builder veñen de adaptarse ao móbil de Apple, o que permite facer xogos 2D 3 3D cunha simple linguaxe de scripts.
A nova plataforma de desenvolvemento de xogos intégrase no iPhone SDK e inclúe un editor WYSIWYG en tempo real e moitos paquetes de modelado 3D. Os xogos poden desenvolverse no PC e probarse no emulador do iPhone e mesmo permiten facer uso da pantalla multi-táctil, o recoñecemento de xestos táctiles, texturas comprimidas optimizadas para o iPhone e animacións avanzadas para formas e personaxes.
Un dos detalles máis destacable deste sistema de creación de xogos compatible tanto con PC coma con Mac é que só custa entre 100 e 150 dólares para desenvolvedores independentes.

PUBLICIDADE