Apple confirma que empregará a tecnoloxÃa de Gemini en Apple Intelligence
luns, 12 de xaneiro do 2026
Apple e Google veñen de anunciar un acordo estratéxico de colaboración de varios anos polo que a vindeira xeración dos Apple Foundation Models tomará como base os modelos Gemini e a tecnoloxÃa de nube de Google, tal e como se filtrara hai un par de meses. Esta alianza permitirá impulsar futuras funcionalidades de Apple Intelligence, entre elas unha versión máis personalizada de Siri, cuxo lanzamento está previsto para este mesmo ano.
Segundo explican ambas compañÃas nun comunicado conxunto, Apple realizou unha avaliación exhaustiva das distintas opcións dispoñibles antes de decidirse pola tecnoloxÃa de intelixencia artificial de Google, ao considerar que ofrece a base máis capaz e avanzada para o desenvolvemento dos seus modelos fundacionais. A compañÃa de Cupertino subliña que esta decisión permitirá acelerar a chegada de novas experiencias innovadoras ao seu ecosistema de produtos e servizos.
Apple tamén quixo recalcar que, malia empregar modelos baseados en Gemini e infraestrutura de nube de Google, Apple Intelligence continuará executándose nos dispositivos da marca e na súa plataforma Private Cloud Compute, mantendo os estándares de privacidade e seguridade que a empresa define como lÃderes na industria. Neste sentido, Apple insiste en que o control dos datos dos usuarios seguirá sendo un elemento central da súa estratexia, sen comprometer a confidencialidade nin a protección da información persoal.
